Alfoz, 27 de abril, 2023. O vindeiro venres, 28 de abril, abrirá ao público o Castelo de Castrodouro e a Oficina de Información Turística de Alfoz.
Os horarios serán: venres, sábados, domingos e festivos de 11:00h a 14:00h polas mañás e de 16:00h a 20:00h polas tardes.
O día 1 de maio, así coma o 17 Día das Letras Galegas permanecerá aberto nos horarios sinalados.
Poderase visitar o castelo e desfrutar das imponentes vistas desde o alto da torre, tamén ver as distintas exposicións: Antigas Escolas, Pinturas de Hipólito Xeada ou fotografías de Alfoz en primavera. Tamén dispoñemos de audioguías ficcionadas para realizar o percorrido polo castelo da man do grupo de teatro Chévere e coñecer a historia e Lenda do Mariscal Pardo de Cela.