Villares dixo que se trata dunha “candidatura reforzada” que se presenta ante os veciños cos “mellores avais: ilusión, ganas, experiencia e xuventude”
Cervo, 6 de maio de 2023. Alfonso Villares presentou oficialmente este sábado ao “equipo” co que o PP de Cervo concorre ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio nun acto que contou coa participación de veciños, do responsable de Facenda e Administración Pública do Goberno galego, Miguel Corgos; e do deputado mariñán no Congreso, Jaime De Olano. Tamén trasladou o respaldo da dirección provincial do Partido Popular o seu coordinador xeral, José Manuel Balseiro, que forma parte da candidatura popular no municipio.
O rexedor e candidato á reelección definiu ás 20 persoas que conforman a lista como “un equipo de veciños e veciñas que traballamos na mesma liña: por e para Cervo”. É unha candidatura “reforzada” ao contar con membros do actual goberno local á que se suman “máis persoas que dan o salto á política”.
Villares incidiu en que “a candidatura popular está reforzada en ilusión, ganas, experiencia e xuventude” que considerou “os mellores avais para presentarse ante os veciños e traballar por e para Cervo, dende os diferentes ámbitos, tal e como fixemos nos últimos anos”. De feito, o popular ostenta a alcaldía dende o ano 2007 e opta a un quinto mandato ao fronte do consistorio de Cervo.
O popular tamén explicou que “despois dunha boa xestión financeira ao longo destes anos, o Concello está agora libre de hipotecas e das débedas herdadas por primeira vez en 35 anos”. Polo tanto, “agora hai moitas máis posibilidades de reforzar as políticas públicas”.
CANDIDATURA COMPLETA
1. Alfonso Villares Bermúdez
2. María Dolores García Caramés
3. Manuela Méndez Álvarez
4. Adrián Arias Díaz
5. Alfredo Antonio Fernández Casas
6. María Concepción Pilar Armada Carrete
7. David Rodríguez Pernas
8. José Manuel Balseiro Orol
9. Inoa Pardo Mariño
10. María Isabel Rivas Pernas
11. David Manuel Mon Pampín
Suplentes:
María Carmen Fernández Polo
Alfredo Ben Quelle
Diego Campo López
Yolanda Pedreira Cruz
José Antonio Gallego Rodríguez
Inés Cobas Balseiro
Denise Galán López
Plácido Pérez Otero
Antonio Basanta Fernández





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



