O candidato á alcaldía polo PP de Burela, Manuel Rouco, puxo en valor “a calidade dos servizos da residencia de maiores da vila -unha das catro que xestiona de forma integral a Xunta na provincia de Lugo- e o inmellorable trato aos usuarios por parte do persoal do centro” durante a festa polo seu 30 aniversario. O popular explica que, precisamente, por eses motivos “é unha das máis demandadas da comarca” e lamenta que, “desgraciadamente, non conte coa colaboración do Concello para a realización de actividades como si sucedía no pasado con anteriores gobernos locais”.
![Manuel Rouco destaca a calidade dos servizos da residencia de maiores de Burela durante a festa do seu 30 aniversario](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2023/05/Manuel-Rouco-participa-na-festa-dos-30-anos-da-residencia-de-maiores-de-Burela-2-1024x861.jpeg)