Ribadeo, 30 de maio de 2023. Este ano Concello de Ribadeo e Acisa, organizadores do Ribadeo Indiano, comezan as actividades deste evento cun obradoiro de cócteles para os profesionais do sector. Terá lugar o 5 de xuño pola tarde no Parador de Turismo.
Dende a organización preténdese estimular á cidadanía e aos profesionais do sector e ir creando xa a atmosfera propia das xornadas festivas que máis tarde nos acompañarán. Tamén se persegue con esta nova iniciativa aportar ao sector ideas novidosas para que poidan ofrecer á súa clientela novos combinados propios dos países de ultramar.
Esta actividade, o Obradoiro de cócteles para a hostalería, terá lugar o luns 5 de xuño ás 16.45 horas no Parador de Ribadeo, e será impartido por Marcos Martínez Iglesias. Este profesional do sector foi galardoado como mellor cocteleiro en 3 campionatos galegos, en 3 campionatos nacionais, nun campionato nacional de coctelería sen alcohol e nun campionato nacional GinTonic.
Os profesionais hostaleiros que precisen máis información poden contactar directamente coa oficina de turismo de Ribadeo ou coas oficinas de Acisa Ribadeo. Para formalizar as inscricións directamente nos seguintes correos electrónicos: info@acisaribadeo.es ou turismo@ribadeo.org. No correo deberase indicar o establecemento e o número de persoas asistentes.
Desde a organizan subliñan que “a conta atrás para o Ribadeo Indiano 2023 comezou e durante o mes de xuño serán varias as actividades a desenvolver coa intención de crear xa ambiente e de ofrecer diferentes alternativas aos sectores implicados e á poboación en xeral”.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



