Ribadeo, 18 de maio de 2023. As obras de estabilización da baixada á praia do Cargadoiro seguen a bo ritmo, segundo o concelleiro de Economía e Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso.
O edil contou que “os traballos de estabilización da baixada á praia do Cargadoiro seguen a bo ritmo desde que foron xa iniciadas hai dúas ou tres semanas”.
Vizoso Galdo dixo: “trátase dunha obra moi complexa debido a que resulta necesario recalzar e estabilizar a escaleira de baixada que quedou moi deteriorada despois da arribada de pedras e o derrube do terreo e da base que a sostiña”.
O concelleiro de Economía e Desenvolvemento Local lembrou que “polo perigo que esta situación provocaba vímonos na obriga de prohibir o acceso á praia. E, dende aquel momento, realizamos xestións coordinadas coa Dirección Xeral de Costas que deron os seus froitos. Dende o Concello asumimos o custe dos proxectos necesarios, ademais doutro tipo de traballos, e por parte do Servizo de Costas asúmese o investimento de máis de 47.000 euros, que é o que custan os traballos de reparación”.
Pablo Vizoso engadiu que “agora estivemos supervisando os traballos cos representantes de Costas e a previsión é a de poder desfrutar de novo desta praia tan querida por moitas e moitos ribadenses cara finais de xuño. Mentres tanto seguimos recomendando a quen se achegue pola zona que o faga con precaución xa que os traballos seguirán realizándose durante as próximas semanas”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



