O Porto de Burela (Lugo) acolle ata este sábado ao mediodía a XIX Feira Expomar, as XXX Xornadas Técnicas, o XXIV Encontro Empresarial e diferentes actividades relacionadas cos sectores náutico e pesqueiro
Burela, 10 de maio, 2023. A conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, inaugurou este mércores a 19ª edición da Feira Expomar, acompañada do presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano.
“É un orgullo que Expomar forme parte das tres grandes feiras marítimo-pesqueiras que teñen lugar no noso país, xunto a Bilbao e Vigo, e que sexa exemplo de puxanza e de evolución”, indicou Rosa Quintana.
Desde a Xunta de Galicia enxálzase o papel da Fundación Expomar, xa que tanto a Feira Monográfica como as Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial son clave para conseguir propostas en favor do futuro do sector, na busca de solucións aos desafíos da frota galega como a descarbonización ou a remuda xeracional.
Pola súa banda, Alfredo Llano puxo en valor a importancia do sector pesqueiro como un factor esencial para a economía e tamén para a saúde, como quedou demostrado durante a pandemia e como se puxo de manifesto nos últimos eventos organizados pola Fundación Expomar nos últimos anos, como as xornadas sobre nutrición “Come San, Come Peixe” en decembro de 2021 ou as xornadas de nutrición e saúde mental “Mens Sa in Corpore San”, en abril de 2022.
Xa pola tarde, do mesmo xeito que na feira de 2019, o Consello Galego de Pesca cambiou a súa habitual sede en Santiago para reunirse en Burela dentro do marco de Expomar. Presidido pola Conselleira do Mar, o salón de actos de Armadores de Burela reuniu aos principais representantes da pesca en Galicia para tratar os temas de maior interese para o sector.
Ao finalizar o pleno do Consello Galego de Pesca, continuando as accións iniciadas o martes día 9 polo “Día de Europa”, realizouse unha concentración simbólica dos asistentes como xesto de protesta do sector pesqueiro galego contra as políticas pesqueiras da Comisión Europea.
Esta nova edición da Feira Expomar promete superar todas as marcas de anos anteriores e presenta un programa de actividades moi completo, que inclúe desde exposicións de barcos dentro da feira ata as citas anuais máis imprescindibles para o sector profesional, como as Xornadas Técnicas ou o Encontro Empresarial, que se celebrarán desde o xoves.
O Encontro Empresarial de Organizacións Profesionais celebrarase de forma privada na mañá do xoves nas instalacións de Armadores de Burela, reunindo a máis de vinte entidades máis representativas da frota galega e outras asociacións nacionais. Tras analizar a situación xeral do sector pesqueiro, ao redor das 13:30 presentaranse aos medios de comunicación as conclusións desta edición.
Como é habitual, as Xornadas Técnicas celebraranse no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela e dividiranse en dous días. Despois da apertura a cargo da conselleira do Mar da Xunta de Galicia, a primeira xornada, que terá lugar na tarde do xoves 11, tratará sobre “Xestión Pesqueira”, con especial atención ás leis de pesca marcadas pola Unión Europea. A segunda xornada, na mañá do venres 12, “Socio Economía” versará sobre temas máis sociais, de comercialización e alimentación.
Esta semana o porto de Burela convértese máis que nunca na capital do mundo da pesca e a náutica, celebrando unha feira Expomar que supera os 5.000 metros de exposición e que busca superar a cifra de negocio xerada por expositores e visitantes profesionais durante a última feira, con máis de 300 marcas comerciais que presentan aquí as súas principais novidades para o sector, como é o caso de Talleres Luis Piñeiro, que este xoves ás 12:30 fai aquí a presentación para España do seu sistema patentado de extinción de incendios para motores fueraborda.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



