Unha vez publicadas as candidaturas ás eleccións locais de xeito oficial no BOP, paso a facer un pequeno estudo sobre a renovación de candidatos nas listas que fai cada partido.
O ‘Índice de Renovación de Candidaturas’, IRC, faise cun cálculo doado: puntúase cada posto dende o 18 (cabeza de lista) a 1 (último posto non suplente), collendo 0 se o nome non parece na lista da candidatura (ou aparece como suplente). Compáranse a candidatura actual -neste caso, para as eleccións de 2023- e a anterior -neste caso, a candidatura para as eleccións de 2019-, e para cada candidato e candidata que apareza -nunha ou nas dúas-, anótase a diferencia de posto entre unha e outra, dividindo ó final a suma pola máxima diferencia posible (a que resultaría se non renovara ningunha persoa na candidatura, téndose presentado nas dúas convocatorias). Iso dá un número entre 0, que indicaría que as candidaturas son idénticas, e 1, que daría conta de que a candidatura é totalmente nova. O 0,5 pode corresponder tamén a unha candidatura que non se presentara na anterior convocatoria, pero si nesta. Se aplicamos o dito ás candidaturas presentadas ás eleccións locais deste 2023 en Ribadeo, e tendo en conta para a súa ordenación a orde de aparición no BOP, obtemos uns resultados que indican os IRC seguintes:
PP – 0,51
BNG – 0,51
PS de G PSOE – 0,74
PG – 0,5
Vese que os dous partidos primeiros da lista do BOP, PP e BNG, que ademais son os máis votados, teñen un índice semellante, de 0,51, indicando candidaturas nas que se mistura experiencia e tradición, por unha beira, con renovación e posibilidade de novas ideas por outra. Vese tamén a a ollo nu que a renovación se produce máis ben nos postos correspondentes á segunda parte da lista. A compoñente de continuidade da unha idea de que o próximo mandato é moi probable que siga liñas semellantes ás do presente, mesmo cando non se presenta o actual alcalde, no que corresponde ó equipo de goberno en caso de continuar o mesmo partido ó mando, e tamén no que corresponde á principal oposición, en caso de seguir séndoa. Asemade, en ambos casos unha renovación parcial así indicaría un certo conformismo do propio partido cos resultados conseguidos pola lista a vez pasada.
En canto ó PSOE, só conserva tres nomes da lista anterior, o que reflicte moi ben o seu IRC, de 0,74. Ó ser unha comparación entre dúas eleccións consecutivas, o IRC non toma nota de que a lista teña ou non candidatos que se presentaron noutras eleccións anteriores que non se comparan. De novo, un índice así elevado indicaría un desapego pola lista/persoas e estratexias anteriores propostas, quizáis debido ós escasos resultados nas convocatoria anteriores.
O outro partido que se presenta, ó ser novidade como lista, ten un IRC de 0,5 (todos os candidatos son novidade e non houbo candidatos antes)
Ó dito cabería engadir outras cousas que non son tratadas por este método, como a resposta a se a renovación é voluntaria (querida) ou obrigada por desercións, pola estrutura do partido a nivel provincial ou outros niveis, etc.
Como comparación, por se alguén sente curiosidade polo que pode pasar noutros lugares, fixen as contas correspondentes a Vilalba. O resultado, neste caso, é o que deixo a continuación, con algunha precisión para poder comparar mellor os índices:
Vilalba Aberta (2 concelleiros na actualidade) – IRC 0,56
PP (partido que retivo a alcaldía en todas as eleccións ata as pasadas; na actualidade, 7 concelleiros) – IRC 0,93
PSdeG-PSOE (8 concelleiros e ó que pertence a actual alcaldesa) – IRC 0,44
BNG (sen representación na actualidade) – IRC 0,76





















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



