Burela, 3 de maio, 2023. Desde a nave de redes do porto de Burela xestiónanse os últimos detalles da próxima XIX Feira Expomar, que se celebrará dentro dunha semana, do 10 ao 13 de maio. Esta edición da feria náutico-pesqueira Expomar é “a máis agardada” da súa xa longa historia, pois chega despois do parón obrigado pola pandemia da Covid en 2021.
O sistema de entradas e invitacións profesionais este ano informatizouse para facer máis cómoda a súa xestión por parte tanto da organización como dos expositores da feira. Nos últimos días descargáronse xa máis de 2.500 entradas profesionais, o que confirma o interese que desperta este evento e xa adianta unhas cifras de participación incluso superiores ás da última feira en 2019, achegándose xa ao desexado obxectivo de superar a cifra de negocio xerada entonces por expositores e visitantes profesionais.
Mentres tanto, no porto de Burela xa se multiplican as tarefas para que a nave de redes acolla en menos dunha semana a 19ª edición da feira monográfica náutico-pesqueira EXPOMAR 2023, que aumenta a súa superficie de exposición en máis de 1.000 metros cadrados con respeto á última edición, superando os 5.000 metros entre o interior da nave de redes e unha nova carpa anexa no porto de Burela. Este crecemento débese en gran parte á alta demanda de expositores, xa que un 30% dos expositores serán novos.
1

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



