A creación e xestión dun centro “coworking” para emprendedores na Casa Rouco e a implantación dunha marca protexida para a comercialización da carne vacún de Muras, dúas das accións programáticas a destacar para desenvolver na vindeira lexislatura
Muras, 6 de maio de 2023. O BNG de Muras comezou a presentar aos veciños e veciñas os obxectivos do seu programa electoral para o vindeiro mandato, entre os que destacan a recuperación da xestión directa do servizo de axuda no fogar, un dos servizos fundamentais do concello, que actualmente está prestando arredor de 19.000 horas anuais, das cales 18.000 a xente dependente, cunha equipa de 18 auxiliares. Con esta nova medida poderíase aforrar ata un 20 % do custe do servizo, e poderíamos ter un xestión máis eficaz e eficiente, ademais de recuperar o control total da prestación do programa de axuda no fogar, a pesar de que é unha competencia exclusiva da Xunta de Galiza que o PP non quere asumir e lla carga aos concellos. No ámbito dos servizos sociais, outra das accións a levar a cabo é a reforma e adaptación da reitoral de Muras para convertela nun centro socio-comunitario para os maiores, e para iso, o alcalde Manuel Requeijo, xa realizou diferentes xestións no obispado para conseguir a cesión do inmoble e que isto sexa unha realidade nos vindeiros anos.
O candidato do BNG manifestou que “A vindeira lexislatura vai ser a da promoción económica, ca posta en funcionamento do polígono industrial e a creación dun centro “coworking” na casa de Rouco. Os emprendedores terán sitio e ferramentas para levar a cabo os seus proxectos”. Requeijo engadiu que “No sector agrogandeiro creemos que tamén é importante contar cun mecanismo de protección e promoción da carne vacún de Muras, que polas súas especiais características de alimentación, manexo e calidade debe ser diferenciada e protexida, para favorecer a súa comercialización a un prezo digno para os gandeiros e imos traballar arreo para conseguilo a través da creación dunha “Marca Muras”. Por último, o alcalde e candidato apuntou que “Temos un programa con propostas serias e viables, coas que podemos seguir mellorando o benestar e os servizos sociais de Muras. Co BNG no goberno, a veciñanza pode estar segura que non imos recortar nin un céntimo en servizos e axudas, propoñendo novos proxectos para que Muras siga a ser un referente e non polo que se coñecía cando gobernaba o PP.





















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



