No marco das actividades das Letras Galegas preséntase tamén un novo material promocional que se distribuirá entre a veciñanza de Lourenzá producida por Ouvirmos co apoio da Xunta e que inclúe unha fotonovela e pasamentos sobre o autor
Vigo, 15 de maio de 2023. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, e a distribuidora alimentaria Vegalsa-Eroski botan a andar un ano máis a campaña Letras Galegas para festexar o 17 de maio e homenaxear a Francisco Fernández del Riego cunha tirada especial de bolsas e carteis que chegarán a 215 establecementos da rede Eroski e Autoservicios Familia.
No acto de presentación, que incluíu unha pegada simbólica de carteis esta mañá no Eroski Center de Portanet, en Vigo, participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen lles lembrou aos presentes que se hoxe celebramos o Día das Letras Galegas “é por iniciativa de Francisco Fernández del Riego, que o ideou e o promoveu para unir a todos os galegos e galegas arredor da nosa lingua e da nosa cultura e que, co paso dos anos, se converteu nunha das celebracións máis importantes de Galicia”.
Canda o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades tamén participaron o director de hipermercados, supermercados e gasolineiras Eroski, Florentino Vázquez; a directora de Sustentabilidade e Comunicación Corporativa de Vegalsa-Eroski, Gabriela González, e o director de Márketing da compañía, Julián Hernández.
Carteis e bolsas conmemorativas
Desde hoxe, máis de 200 establecementos da distribuidora alimentaria contarán nas súas instalacións cos carteis gañadores na categoría de Primaria e Infantil do Concurso-Exposición Letras Galegas 2023 da Xunta, deseñados polo alumnado e profesorado do CEIP Juan Rey de Lourenzá, vila natal de Francisco Fernández del Riego.
Ademais, distribuiranse 21.000 bolsas de papel e máis de 1.400.000 bolsas de plástico coa inscrición Estamos a poñer en marcha algo grande, extraída dunha carta persoal do homenaxeado dirixida a Ramón Piñeiro no ano 1950 a na que facía referencia á fundación da Editorial Galaxia.
Ampla programación polas Letras Galegas
Esta campaña enmárcase na programación de máis dun centenar de accións que o Goberno galego, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a CRTVG, en colaboración con numerosas empresas, entidades, administracións locais e editoriais, impulsan para celebrar o 60 aniversario das Letras Galegas e homenaxear a Francisco Fernández del Riego.
Entre as distintas actividades tamén se inclúen accións como a realizada hoxe polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, que presentaron o folleto Vivo na vila de Francisco Fernández del Riego editado co gallo das Letras Galegas co apoio da Xunta.
Producido pola empresa Ouvirmos, quere achegar nun formato orixinal e moi visual a figura do ilustre laurentino á cidadanía. O folleto inclúe, entre outros contidos, unha fotonovela ao redor da vida do poeta, apartados especiais sobre a súa obra escrita e activismo literario, así como pasatempos vinculados coas localidades vitais e obra de don Paco. Será distribuído a toda a veciñanza da súa vila natal de Vilanova de Lourenzá, e ao público participante nas diferentes iniciativas que se desenvolvan na vila.





















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



