Viveiro, 12 de maio de 2023. O Concello de Viveiro anuncia o programa de actos previstos para o próximo mércores co gallo do Día das Letras Galegas, unha xornada especial e festiva na vila que neste 2023 está dedicada a Francisco Fernández del Riego.
A xornada do día 17 comezará ás 12:00 horas coa interpretación do Himno de Galicia no balcón da Biblioteca Municipal a cargo de David Bellas, artista e profesor do CMUS de Viveiro. De seguido, na Praza Maior, celebrase un baile tradicional e xuvenil a cargo de Bágoas da Terra.
Ás 13:30 horas, na Praza da Fontenova, terá lugar a iniciativa “Música e Libros” coa colaboración da Libraría Porta da Vila e de África Copias, que inclúe un concerto do coro infantil do colexio Lois Tobío.
Xa pola tarde, ás 18:30 horas, o Teatro Pastor Díaz acolle a actuación de Magín Blanco “Cuaderno de Cores e Cancións”, con entrada de balde ata completar aforo.
O Día das Letras Galegas tamén terá unha especial actividade en Covas, cun pasarrúas de música tradicional a cargo do grupo “Amigos do Folk”.
“Dende o concello estamos especialmente orgullosos da implicación do noso tecido asociativo e cultural na celebración dunha xornada tan importante para por en valor a nosa lingua, as nosas tradicións e a nosa cultura”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
Os actos de celebración continuarán na xornada do xoves cun concerto do Cuarteto de Clarinete do CMUS na Praza da Fontenova a partir das 18:30 horas; mentres que o venres, ás 18:00 horas, na mesma localización, tocará o Grupo de Gaitas.
Así mesmo, a sala multiusos acolle entre este luns día 15 e o luns 22 a exposición “Exaltación do traxe galego” que poderase ver de 10:00 a 14:00 horas grazas a Bágoas da Terra.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, anima á veciñanza a sumarse un ano máis á iniciativa colectiva “Orgullo de ser”, que propón incorporar pezas do traxe tradicional galego á súa vestimenta ou a vestirse completamente co traxe.
Tamén se recorda que entre o día 15 e o 19, a Biblioteca Municipal agasallará aos seus usuarios e usuarias (ata esgotar existencias) cunha bolsa conmemorativa deste día tan especial.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



