O titular de Medio Rural tachou de electoralistas as achegas aos gandeiros aprobadas polo Goberno central, lembrou que se creará un grupo de traballo sobre os efectos da seca na suba dos custos
Trabada, 18 de maio de 2023. O conselleiro de Medio Rural, José González, arroupou hoxe ao candidato popular á alcaldía de Trabada, José María Fernández, no mitin celebrado na Casa da Cultura deste municipio. O alcaldable popular expuxo o programa electoral co que concorre as eleccións locais, con especial atención ás medidas encamiñadas a potencia o rural. Neste acto interviron tamén o coordinador xeral do PP provincial, José Manuel Balseiro (deputado autonómico) e Jaime de Olano (deputado nacional).
José María Fernández efectuou unha dura crítica do goberno municipal saínte, especialmente da alcaldesa, Mayra García (PSOE), da que lembrou que “vive en Foz e dedica a maior parte do tempo á Deputación”; dixo que García “fomentou o enfrontamento entre os veciños e coa Xunta”. En canto ás medidas para o rural, o alcaldable popular citou, entre outras, xestionar o establecemento da concentración parcelaria nas dúas parroquias do Concello nas que aínda non hai, así como establecer axudas directas para a xente que emprenda no rural e deseñar e aplicar un plan de accesos ás ganderías.
Polo seu lado, o conselleiro de Medio Rural, José González, criticou que o Goberno central non tivera en conta nin a Xunta nin aos gandeiros á hora de decidir axudas que deixarán aos gandeiros galegos con só o 25% dos importes previstos. Lembrou que está prevista a creación dun grupo de traballo para analizar os sectores máis prexudicados pola seca e os seus efectos na suba dos custos. González sostivo que as medidas aplicadas polo Goberno central son electoralistas e non teñen en conta a suba dos custos de produción.
O conselleiro destacou que a Xunta aposta polas concentracións parcelarias como mecanismo para poñer en valor a terra agraria, aumentar a base territorial das explotacións e loitar contra o minifundismo, como demostra o feito de que dende o ano 2020 rematáronse no conxunto de Galicia un total de 27 concentracións parcelarias (máis de 18.700 hectáreas), das que se, beneficiaron máis de 13.200 propietarios, que recibiron preto de 29.300 títulos de propiedade. Indicou igualmente que a Xunta impulsa o uso dos instrumentos que pon a disposición a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, como son os polígonos agroforestais, as agrupacións de xestión conxunta, as aldeas modelo ou as permutas de especial interese agrario, entre outras.
DURA CRÍTICA DE BALSEIRO A BESTEIRO
O coordinador xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro, apuntou ao delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro. Sinalou que “Besteiro estivo na Mariña tomando café, porque o PSOE nesta comarca non pode convocar mitins porque non lle vai ninguén. Estivo en Alfoz, Valadouro e Mondoñedo e estivo para tomar café, que é normal e está ben, tamén os do PP tomamos café; pero os socialistas na Mariña só poden tomar café porque mitins non pode facer porque non lles vai a xente”. Engadiu: “Atreveuse o señor Besteiro a preguntarlle ao PP por Alcoa; que este socialista fale de Alcoa só pode ser por ignorancia política ou por moita cara, porque se nos guiamos pola política nacional do PSOE Alcoa xa estaría pechada. Grazas as xestións e a mediación da Xunta non ocorreu iso”.
Tamén lanzou Balseiro un dardo en relación as declaracións dos socialistas con respecto a Altri: “Se pensa o señor Besteiro que unha Administración pode influír para que unha industria como Altri decida onde asentarse, agora como delgado do Goberno poderá facer que se monte na Mariña; xa lle digo eu que non o fai porque non se pode facer. Déixese de facer demagoxia”. Balseiro, por outro lado, non deixou pasar a oportunidade de falar das relacións do PSOE con Bildu: “Non nos estraña que lle moleste ao PSOE que falemos dos seus socios, porque supoño que estarán avergonzados do que está pasando”.
Pola súa parte, o deputado nacional, Jaime de Olano, destacou a importancia moi especial que teñen as eleccións locais do próximo día 28, tanto no terreo puramente municipal como porque veñen a constituír “unha primeira volta para acabar co Goberno de Pedro Sánchez, o peor Goberno de toda a democracia en España”. Igualmente, fixo mención ao “abandono en que Sánchez ten aos gandeiros lucenses e, en xeral, á provincia de Lugo”























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



