O portavoz popular, Javier Castiñeira, pon de relevo os numerosos problemas que ocasionará o cambio xeralizado da numeración das casas, que tamén afecta, aínda que menos, á zona urbana
Foz, 8 de maio de 2023. En política, ás veces as cousas son o que parece e, en Foz, parece que o alcalde, Fran Cajoto (PSOE), está esperando a que pasen as eleccións locais para expoñer o novo rueiro, probablemente porque ten medo a reacción dos veciños cando coñezan que a práctica totalidade das casas da zona rural cambiarán de número. O portavoz do PP en Foz, Javier Castiñeira, avisa deste feito e das súas consecuencias e pide explicacións a Cajoto.
Castiñeira sinala: “No ano 2021, o goberno bipartito de Foz (PSOE-BNG) contratou a modificación do rueiro do municipio, cun custo de case 18.000 euros, con cargo ao Plan Único. Ao non saber nada , o PP preguntou no pleno varias veces e o alcalde dixo que estaba pendente de elaboración. En outubro do 2022 asegurou que xa estaba listo e, como dende entón non sabiamos nada deste asunto, o PP pediu ver ese documento e chámanos a atención que practicamente a totalidade das vivendas das parroquias teñen que cambiar de número, cos problemas administrativos importantes que iso supón”.
Os populares queren que o alcalde explique cal a razón pola que retrasa a exposición ao público do novo rueiro. Castiñeira di: “O alcalde non quere enfrontarse á decisión de dicir aos veciños das parroquias que, practicamente todos, van ter que cambiar os número que teñen as súas casas; tamén moitas do núcleo urbano”. O alcalde -asegura Castiñeira- ten que dar explicacións; parece -sinala- que “está esperando que pasen as eleccións”. O portavoz popular apunta: “Parece que oculta algo aos veciños, porque non é lóxico que un traballo que parece estar pagado xa non se expoña ao público”.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



