O Concello de Viveiro colaborou na produción das dúas primeiras partes desta peza que percorre os 900 anos da historia da vila
Viveiro, 31 de maio de 2023. O Teatro Pastor Díaz acolle o venres 2 e o sábado 3 de xuño, ás 20:30 horas, a esperada estrea da primeira e segunda parte do documental “Viveiro a través do tempo”, unha peza dos curmáns David e Diego de Bartolomé que recolle os 900 nos de historia da vila e que conta coa colaboración do Concello de Viveiro e da Deputación.
Esta obra, que se comezou a artellar no ano 2018 e que sufriu diferentes cambios por mor da pandemia, naceu coa idea de que “crear un proxecto documental que englobara a historia de Viveiro contada polos seus veciños e por residentes” coa participación de máis de cen persoas e con numerosa documentación de fotografías, gravacións e entrevistas persoais.
A alcaldesa María Loureiro, e incluso unha sentida homenaxe dos seus fillos Melchor e Iván Roel ao finado alcalde Melchor Roel, xunto ao presidente da Xunta de Cofradias, José Veiga, e artistas como Alfonso Otero Regal, David Catá, ou o olímpico Adrián Ben, forman parte deste minucioso relato.
“Viveiro é o protagonista, pero a súa xente ten moitas voces interesantes”, subliñan os seus autores que insistente en que “non se pode contar unha historia de máis de 900 anos como esta, nunha película nin en dúas, pero comezamos por aquí”.
“Estamos realmente desexando poder desfrutar destes documentais. Somos conscientes do laborioso traballo que levaron a cabo, das dificultades que tiveron que superar, pero co talento que teñen e o amor que amosan sempre por Viveiro, estou convencida de que o resultado será asombroso”, subliña a alcaldesa María Loureiro.
“Foi un proceso difícil pero fascinante, porque Viveiro e a súa historia e historias parecen ser ilimitadas en anécdotas e momentos extraordinarios”, engade David de Bartolomé, que deixa aberta a posibilidade de continuar o documental cunha terceira parte ademais de adiantar a publicación dun libro que recompila todo o proceso de creación do proxecto, con material descartado, guión e imaxes non vistas nas películas, así como a edición dos documentais en DVD y Blu Ray.
O proxecto non ten ánimo de lucro e realizouse con fins totalmente culturais.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



