“O Partido Popular de novo xoga a reclamar o que xa está en marcha, tratando de enganar aos veciños. Vimos de sufrir de novo unha escenificación máis do Partido Popular de Foz e do seu candidato o sr. Castiñeira, desta volta co estado da estrada LU-P-0210 entre San Acisclo e A Seara”. Indica o alcalde de Foz e candidato Fran Cajoto
Foz/Alfoz, 4 de maio, 2023. A estrada provincial LU-P-0210, que une San Acisclo e a Seara, é un vial de conexión fundamental entre os concellos de Foz e Alfoz. A comezos do ano 2022 executáronse pola empresa Transformaciones Agrarias Isidro Hermanos Blanco Trigo, S.L. cun orzamento de máis de 110 mil euros as obras de ampliación e acondicionamento da vía entre os puntos quilométricos 5,1 e 5,3, nos que se expropiaron os terreos necesarios, se ampliou a plataforma existente e se construíron beirarrúas e un novo alumeado público. Nese proxecto construtivo non se contemplaba a mellora de firme dos primeiros 355 metros, tramo que está próximo a adxudicarse.
Para os 355 metros pendentes de arranxo, o pasado 9 de abril redactouse un proxecto construtivo por importe de 37024,34 euros en execución material. Con número de expediente 2023/CM2_04/000206 e con fondos xa consignados, este mércores 3 de maio asinouse a proposta de contratación pola Deputación de Lugo.
“O PP de Alfoz e o seu candidato Juanjo Fraga reclaman o arranxo da estrada cando saben que xa se vai levar a cabo, tal e como lles respostamos no pleno. Este é o nivel, baixo cero. Curioso, por non dicir outra cousa”- destaca o alcalde de Alfoz e candidato polo PSdeG-PSOE Jorge Val.




















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



