Fran Cajoto reclama ordenar o acceso ao IES para evitar problemas de seguridade viaria
Foz, 13 de maio, 2023. O PSdeG-PSOE de Foz propón resolver en colaboración coa Xunta de Galicia os problemas que sofre o instituto nos seus accesos. Na actualidade non existe unha parada axeitada para os autobuses que acoden diariamente ao centro nin un estacionamento ordenado para vehículos privados máis alá do persoal docente. “Preocúpanos moito a seguridade viaria, diariamente acoden máis de 400 rapazas e rapaces ao centro e a accesibilidade non é a axeitada. Ademais, como estacionamento para vehículos privados está a empregarse unha parcela privada acondicionada polo Concello que en calquera momento se podería edificar. Creemos que xa é hora de poñerse mans á obra para solucionar un problema que vai a máis” –declara Fran Cajoto.
O actual alcalde e candidato socialista propón usar os terreos que forman parte do centro e están en desuso, na parte sur do mesmo: “Avanzouse en seguridade nesta lexislatura coa construción dunha beirarrúa de 2 metros de anchura e o aglomerado do vial de subida. O que proxectamos é habilitar unha zona de parada de autobuses dentro do recinto do centro e unha zona de estacionamento para vehículos privados. Vamos esixir a implicación da Xunta para resolver dunha vez por todas a accesibilidade no instituto, algo moi necesario” – remata Fran Cajoto.






















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



