O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo remarcou este mércores, nas vésperas do arranque da campaña electoral, que o partido “presenta os mellores candidatos e candidatas” e vai cumprir o obxectivo de manter as actuais alcaldías, gañar outras novas e manter a Deputación de Lugo
Lugo, 11 de maio de 2023. O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, José Tomé Roca, remarcou este mércores, nas vésperas do arranque da campaña electoral, que os socialistas encaran estas eleccións municipais con “moita ilusión porque saímos a gañar”.
O líder socialista subliñou que o partido presenta “os mellores candidatos e candidatas, e os mellores proxectos de futuro para cada un dos 67 concellos da provincia”, e “non cabe ningunha dúbida de que imos manter o obxectivo que nos fixáramos cando me elixiron Secretario Xeral, que pasa por manter todas as alcaldías que temos neste momento na provincia de Lugo e acadar algunhas máis, ademais de manter a Deputación de Lugo”. Engadiu que o PSOE “está no bo camiño”, facendo fincapé en que nas pasadas eleccións municipais xa obtivo bos resultados e que ao longo deste mandato se traballou para conseguir novas alcaldías.
“Superaremos ao Partido Popular na provincia de Lugo”, afirmou referíndose aos resultados da vindeira cita electoral do 28 de maio. En relación á Deputación de Lugo, manifestou que seguirá cun Executivo socialista á fronte, “un Goberno de progreso, liderado polo Partido Socialista, que é o mellor que lle pode ocorrer á provincia de Lugo”.
“Vamos gañar para que gañen os 67 concellos”
Tomé Roca sostivo que o PSOE se presenta ás municipais cos mellores candidatos e candidatas para cada un dos concellos e para o conxunto da provincia. “Falar de socialismo é falar de proximidade cos veciños e veciñas, de capacidade de xestión, de defensa dos servizos públicos, de promoción da economía e da aposta polo rural para que teña futuro”. Deste xeito, asegurou o líder dos socialistas na provincia, “vamos gañar para que gañen os 67 concellos da provincia de Lugo en servizos, en mobilidade, en emprego, en calidade de vida e en benestar”.
Unhas eleccións con voz de muller
“A provincia de Lugo necesita máis socialismo porque o socialismo significa avanzar, progreso, futuro e igualdade”, incidiu José Tomé, quen destacou o “fito histórico” do liderado de mulleres nas listas do partido, con 24 candidatas, o 36% do total, a porcentaxe “máis alta das provincias galegas e probablemente do conxunto do Estado”.




















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



