A mostra, organizada grazas á colaboración entre ABANCA, Afundación e o Concello de Xove, poderase visitar ata o vindeiro 9 de xullo
Xove, 14 de xuño, 2023. Afundación presentou esta mañá en Xove a súa nova aposta pola divulgación das coleccións ABANCA e Afundación, «Viaxando. Coleccións de arte Afundación e ABANCA», unha mostra de rúa que se presenta grazas á colaboración entre Afundación, ABANCA e o Concello da localidade. Ao acto de inauguración, que tivo lugar esta mañá, asistiron o alcalde do Concello de Xove, José Demetrio Salgueiro; o coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Óscar Rodríguez; o director de oficina de ABANCA en Xove, Fabián Rodríguez; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano. Esta exposición de rúa poderase visitar ata o vindeiro 9 de xullo na praza anexa ao Centro Cívico de Xove.
A EXPOSICIÓN «VIAXANDO. COLECCIÓNS DE ARTE AFUNDACIÓN E ABANCA»
Co obxectivo de amosar as coleccións de arte de ABANCA e Afundación fóra das súas sedes, Afundación deseñou unha exposición de rúa que permite encher as prazas de diferentes localidades galegas coa creación dalgún dos artistas galegos máis interesantes dos últimos douscentos anos. Obras que poden enmarcarse no impresionismo, o rexionalismo, romanticismo ou naturalismo, pero tamén novas linguaxes contemporáneas que mesturan a colaxe, o grafiti, a fotografía ou incluso o fume con trazos de factura moi persoal.
Todas as pezas seleccionadas convidan a facer unha viaxe, unhas por Galicia e outras arredor do mundo: Siena, O Cairo, A Habana, Chicago, a Antártida, a India ou Tokio a través da obra de importantes nomes da arte como Villaamil, Sotomayor, Carlos Sobrino, Freixanes, Pamen Pereira ou Berta Cáccamo, entre outros. A cronoloxía das pezas abrangue desde finais do século XIX ata a actualidade, e cada unha delas vai acompañada dun texto divulgativo escrito pola crítica de arte Mercedes Rozas.
O concepto do proxecto, a viaxe, sempre supuxo unha procura de bagaxe intelectual, un desexo de experiencia e un xeito de descubrir novos rumbos para a produción artística, pero tamén é unha experiencia enriquecedora para todos os viaxeiros. Por iso a exposición invita a facer unha viaxe, a deixar voar a imaxinación para percorrer as rúas, os campos, respirar as atmosferas e as sensacións que evoca cada imaxe.
Toda viaxe implica unha aprendizaxe, un pequeno ou gran cambio na persoa que o protagoniza; con esta mostra, Afundación, Obra Social ABANCA, invita a facelo a través dunha viaxe con moita arte.























A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



