Ribadeo, 17 de xuño de 2023. O novo alcalde, Dani Vega, aposta polo traballo conxunto da nova Corporación para que Ribadeo siga a medrar como pobo. Na súa primeira intervención como rexedor tivo palabras de agradecemento para toda a veciñanza facendo fincapé en que “todos construímos Ribadeo”. Tamén subliñou que “para min ser alcalde de Ribadeo é a maior honra como veciño que naceu e viviu neste concello e que sempre o levou na cabeza e no corazón”. Igualmente, deixou constancia do seu compromiso de traballo para todos os ribadenses en igualdade da man dun goberno que se marca como obxectivo “traballar nunha dirección única: impulsar Ribadeo e achegar investimentos clave para mellorar e avanzar”.
Vega dixo que o seu goberno apostará por dinamizar a economía local, impulsar o polígono industrial e por introducir industria en Ribadeo, polas infraestruturas, pola sanidade e o benestar social, polos investimentos na zona rural e por un novo plan de residuos, entre outras medidas.
O alcalde declarou: “comeza unha nova lexislatura e o primeiro que queremos facer é dar as gracias a todos os veciños por ese respaldo tan rotundo e maioritario que supuxo un cambio de goberno en Ribadeo. Un sincero agradecemento a todos os veciños”.
O novo rexedor sinalou que “agora toca seguir traballando, xestionando e abrindo as portas á inversión. Nos xa o diciamos desde oposición e seguímolo a dicir: debemos traballar todos como Corporación. Agora o PSOE e o BNG son a oposición, pero poden seguir traballando e colaborando con nós como goberno. Nos imos escoitar as propostas, imos recoller todas as iniciativas que sexan para medrar como pobo. Creo que entre todos o podemos facer”.
Dani Vega aludiu aos retos marcados polo novo equipo de goberno: “temos grandes retos e necesitamos a axuda de todas as administracións. Cando diciamos na pasada lexislatura que hai que abrir as portas á inversión farémolo realidade porque somos o goberno de todos, non so duns poucos, senón de todos os ribadenses”.
Para o alcalde de Ribadeo “traballar como Corporación significa que entre todos debemos traballar para impulsar a economía de Ribadeo. Imos impulsar o polígono industrial, imos baixar impostos e imos introducir industria en Ribadeo, porque queremos emprego para a nosa mocidade, para todas as persoas, co obxectivo de que non se teñan que ir de Ribadeo”.
O turismo e o benestar serán outros dos piares nos que se centrará o traballo de Dani Vega e do seu equipo: “tamén queremos e cremos nunha economía diversificada e por iso imos apostar polo turismo, por ese turismo diverso, da vila e do rural. Ademais imos facer un novo plan de residuos porque queremos un Ribadeo máis limpo. Apostamos pola sanidade, por iso imos aportar enseguida os terreos para a construción do novo centro de saúde. Queremos un Ribadeo de benestar, por iso imos reformar o Hospital Asilo e imos seguir nese traballo de reubicar ás persoas que alí viven”.
O rexedor seguiu a relatar que “sempre dixemos que eran necesarias novas infraestruturas, por iso imos facer novos aparcamentos e tamén investiremos nas estradas e nas rúas. Imos investir nas parroquias, precisan maiores investimentos, é necesario apostar polo rural . E tamén apostaremos pola cultura, por esa cultura viva e diversa que necesita Ribadeo e eses grandes eventos e festivais que vai ter Ribadeo este verán. Nos apoiámolos desde a oposición e agora desde o goberno apoiarémolos máis. Quero trasladar o meu agradecemento a toda esa iniciativa xuvenil, que impulsa a economía e tamén a cultura do noso pobo”.
E tivo palabras de agradecemento para os deportistas locais: “e tamén o agradecemento de todos os deportistas que levan o nome de Ribadeo por todo o mundo, gracias ás entidades deportivas. Imos seguir apoiándovos desde o Concello agora máis”.
Dani Vega insistiu no seu discurso: “e quero dicilo con moita claridade debemos traballar todos como Corporación para dar pasos en firme, para traballar por ese Ribadeo en igualdade. Entre todos podemos mellorar o pobo que amamos e respectamos. Dicía Brañas sexa todo por Galicia e para Galicia e eu creo que debemos dicir alto e claro sexa todo por Ribadeo e para Ribadeo”.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



