Os populares consideran “un mal comezo do bipartito” que primeiro deixen perder 6 postos de traballo e agora amosen falta de sensibilidade para xestionar estas queixas veciñais
Burela, 23 de xuño de 2023. O Grupo Municipal do PP de Burela censura que “o goberno bipartito trate de trasladar aos pais e nais dos nenos e nenas a culpa da mala planificación e execución da obra municipal da zona de calistenia no parque Rosalía de Castro” e urxe ao Concello a adoptar medidas inmediatas para garantir a seguridade dos menores na zona, que a pesar de non tratarse dunha área infantil está a ser moi empregada por menores.
Foron xa tres os menores accidentados -algúns deles con feridas de diversa consideración- o mesmo día da inauguración da área de calistenia, o pasado mércores. Nese sentido, os populares explican que, segundo nos trasladaron, “a resposta do goberno bipartito ante as queixas sobre a súa perigosidade foi que hai que vixiar aos menores e estar máis atentos”.
Se ben é certo que “existe sinalización que advirte de que non poden acceder á área as persoas que midan menos de 1,45 metros; cremos que esa non é unha medida de seguridade suficiente e, moito menos, xustifica esas palabras aos pais e nais”.
A instalación desta área nas proximidades da zona de xogo, a falta de valado ou a elevación do bordillo que non axuda a evitar caídas e tropezóns son, para os populares, “decisións desacertadas e que responden ás presas á hora de anunciar obras por parte do señor Ramiro Fernández -concelleiro de obras no anterior mandato e actual segundo tenente de alcalde- coincidindo coa precampaña electoral”.
O PP local considera este “un mal comezo para o novo goberno bipartito” porque “despois de coñecer a pasada semana que deixaban perder a posibilidade de contratar a seis persoas no paro creando outros tantos postos de traballo moi necesarios na nosa vila, agora vemos a falta de sensibilidade á hora de xestionar queixas sobre unha das primeiras obras que inaugura o novo goberno”.
É por iso polo que os populares se preguntan se “vai ser este o proceder do goberno bipartito de Burela ao longo deste mandato e se así vai ser o trato aos veciños e veciñas”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



