O Boletín Oficial da Provincia publicará este luns a resolución da convocatoria do programa, que prevé máis dun centro de actividades nunha trintenta de granxas e producións agroalimentarios do rural
Lugo, 18 de xuño de 2023. Medio Rural da Deputación de Lugo financiará 106 obradoiros e visitas a granxas e proxectos de emprendemento no rural no marco da segunda edición do programa “Da Escola á Granxa”. O Boletín Oficial da Provincia publicará este luns -19 de xuño- a resolución provisional da convocatoria, coa listaxe das 40 asociacións de nais e pais que se benefician das actividades, pensadas para achegar as novas xeracións ao rural, amosando a importancia do sector primario para a produción de alimentos saudables, a conservación do medio ambientes e da cultura tradicional.
A área dirixida por Mónica Freire investirá 80.000 euros nesta nova edición do programa, financiando os gastos relacionados coas actividades nas que participarán preto de 4.000 alumnos e alumnas dos colexios de Becerreá, A Pobra do Brollón, Triacastela, Oural (Sarria), Monterroso, Santa Rita de Galdo e Lois Tobío (Viveiro), Terra Chá de Román, Insúa Bermúdez e Mato Vizoso (Vilalba), Riotorto, Xove, Samos, Casás, Xermade, Outeiro de Rei, O Páramo, Pantón, Palas de Rei, O Cantel e Nº 1 (Foz) , Alfoz, Quiroga, Guntín, Ribadeo, A Pastoriza, Bretoña, Castro de Rei, O Incio, Taboada, Bóveda, Monforte, Paradela, Muras, Barreiros e A Milagrosa, Lousada, As Mercedes e Santa María (Lugo).
As anpas elixiron nun amplo catálogo educativo que inclúe 29 granxas, repartidas por toda a provincia, con actividades diversas, desde a produción de froita e produtos de horta ata a cría de gando vacún, ovino, cabrún, avícola ou cabalar ou a elaboración de queixos e marmeladas, ademais de obradoiros de educación ambiental impartidos pola asociación ecoloxista Adega nos propios centros.
Mónica Freire destacou “o crecemento do programa,con esta segunda edición na que duplicamos o orzamento, ampliamos e renovamos o catálogo educativo incorporando novas granxas ao proxecto e ofrecemos referentes de proxectos produtivos e de vida no rural a máis nenas e nenos” e amosou a súa satisfacción “por ter posto en marcha a iniciativa, abrindo un camiño novo dentro das políticas que se viñan desenvolvendo desde a Deputación de Lugo con respecto ao rural, facendo un traballo para o futuro contribuíndo a que nenas enenos teñan unha percepción positiva da vida no rural e sexan conscientes da súa contribución económica, ambiental e cultural á sociedade”.
Coa publicación da resolución provisional ábrese un prazo para corrixir posibles erros. Completado ese procedemento, establecerase o calendario das actividades, dacordo coas preferencias e a dispoñibilidade de colexios e granxas.
Novas granxas no proxecto
A deputada de Medio Rural agradeceu a colaboración das granxas e producións agroalimentarias que participan no programa, que este ano contaba con novas incorporacións respecto a edición pasada. Son , en total, 29 proxectos de emprendemento: A Casa Labradela de Xove, Galletas Daveiga de Chantada, Fraga do Coto de Vilalba, Fundación Terreo da Ribeira de Piquín, Gandería Alejandro Salvatierra de A Pontenova, Gandería Quintián do Páramo, Gandería Lois Varela de Palas de Rei, Granxa Aeiroá de Láncara, SAT Lodos e Pérez de A Pastoriza, SAT O Palomar de Láncara e Traloagro de Friol, que participaron por primeira vez nesta edición.
Súmaronse a outros proxectos que xa recibiron visitas na pasada edición: Airas Moniz de Chantada, Arqueixal de Palas de Rei, Cooperativa A Carqueixa de Navia de Suarna, Embutidos Suarna de Navia de Suarna, Sen Máis – As Vacas de Ulloa de Palas de Rei, Terras da Mariña – IXP Faba de Lourenzá, Tropic Gaia de Xove, Caurelor de Quiroga, A Casa da Fonte de Pantón, Avicava Natur de Guntín, Casa Bértolo de Friol, Champivil, El País del Abeyeiro de Negueira, Granxa da Caldaloba de Cospeito, Granxa Teixeiro e Pistón de Becerreá, Milhulloa de Palas de Rei, Pazo de Vilane de Antas de Ulla e Muvicla.




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



