Foz, 26 de xullo, 2023. A casa da cultura Poeta Manuel María de Foz acolle entre 31 de xullo e 3 de agosto unha nova edición das xornadas de historia de Foz. A actividade está impulsada unha ano máis pola asociación A Pomba do Arco, que leva xa 26 anos organizando este evento.
As xornadas arrancan o 31 de xullo as 23:30 cunha palestra de Antón Niñe sobre o artista mariñán Xosé Rivas, pais dos autorres da imaxe da Virxe do Carme presente na igrexa de Foz e diversas imaxes da Virxe do Carme presentes en diversas localidades da Galiza, como Viveiro, Cedeira ou Fisterra. Neste caso, Niñe repasara a obra artística do escultor e tallista de Riototo.
Niñe, veciño de Foz, foi profesor de relixión no I.E.S. Perdouro de Burela, exerceu a presidencia da A.C. “Os Matos” e autor de diversas publicacións de temática histórica. Neste sentido, ten participado en anteriores edicións das xornadas, con traballos de diverso tipo, sendo conferencia habitual en moitas localidades da Mariña.
O martes 1 de agosto as 20:30 intervirá Alexandre Peres Vigo, cun relatorio titulado ‘San Martiño, Mailoc e o mosteiro Maximum’ . Peres Vigo é profesor da Universidade da Coruña, autor de números publicacións no ámbito lingüístico e histórico, e coordinador, entre outras, da publicación colectiva Os reis e as raíñas da Galiza.
Vigo explicará na súa palestra as orixes da sede de San Martiño de Mondoñedo no século V e o papel desenvolto nese proceso por unha comunidade de persoas procedentes das Illas Británicas que se instalan nese período na Galiza e que tiñan como cabeza un bisbo, o máis coñecido dos cales denominado Mailoc. Vigo sustenta tese que o mosteiro Maximun dos bretóns emprazábase en San Martiño de Mondoñedo.
O mércores 2 de agosto as 20:30 é a quenda Xavier Rivera, que se achegará a II Guerra Mundial da Mariña. Rivera, xornalista de profesión, recuperara diversas batallas navais que se libraron fronte costa da Mariña entre 1942 e 1945 entre as forzas aliadas e os exércitos da Alemaña nazi. Asemade, dará conta das accións de comando desenvoltas polos aliados na Mariña, das redes de espionaxe a favor dos nazis e dos aliados.
Rivera é un colaborador de longa data das xornadas de historia. Neste sentido, ten elaborado investigacións de diversos temas, como a pesca da balea da Mariña, volvendo coa palestra sobre a II Guerra Mundial a un tema no que ten traballado e publicado diversos estudos.
As xornadas féchanse o xoves 4 as 20:30 cunha palestra sobre os motíns e as revoltas na Mariña do século XIX. Neste caso, a relatora é a doutora en Historia e profesora da Universidade de Compostela, Alba Díaz Geada. Díaz Geada, atesoura unha longa traxectoria como investigadora, con diversos traballos referidos, particularmente, ao período contemporáneo.
As décadas finais do século XIX foron ricas en protestas e motíns na Mariña. Neste sentido, coincidindo co importante ciclo de motíns en toda Galiza arredor dos anos de 1891 e 1892, na Mariña rexístranse motíns en Barreiros, Cervo, Lourenzá, Trabada e Ribadeo. Na maioría dos casos estes movementos estiveron dirixidos por mulleres.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



