Fronte ao prognosticado pola meirande parte das enquisas o PP (133 deputados, 48 máis dos que tiña) e Vox (33 deputados, perde 19, malia manter o terceiro posto estatal) non deron sumado maioria abonda para governar nas eleccións estatais deste 23-X. Mesmo com cadanseus deputados obtidos por Coalición Canaria (CC) e Unión del Pueblo Navarro (UPN) Núñez Feijóo como líder do bloque de dereitas non poderá ser investido ao recibir os 179 seguros votos en contra do PSOE (122, gaña 2 deputados e 3, 5 porcentuais), Sumar (31, perde 7 a respecto da suma dos seus coaligados IU, Podemos, Más País e a valenciana Compromis), ERC (7, perdendo 6), JuntsxCat (empata com ERC a 7), EH Bildu (6, sobindo un e obtendo o sorpasso en Euskadi fronte ao PNV, que perde un e fica en 5) e do BNG, que repite resultado malia medrar nun 25% dos votos emitidos.
Mais tampouco o vai ter doado Pedro Sánchez con estes bimbios. Con Sumar e os seus recorrentes aliados da última lexislatura PNV, EH Bildu e ERC poderia contar cos mesmos 171, mais require polo menos a abstención de JuntsxCat, pois que se éstes votan en contra (e teñen manifestado que así o van facer agás se avance nas cuestións do referendum de autodeterminación e da amnistía) a única saída sería a repetición electoral, de non ser un- polo de agora- improbábel pacto de grande coalición PP-PSOE que o xornal de Pedro J. Ramírez, no ronsel dos intereses do Ibex 35, xa pedia este luns. Porén, de se acadar a abstención das juntaires na segunda votación, o deputado do BNG terá a chave da investidura na mesma e a axenda galega terá presenza nas negociacións.
A estatalización da campaña e o medo a un goberno da extrema dereita e da dereita dura déronlle pulo á mellora do voto do PSOE, no prexuizo duns mellores resultados do soberanismos catalán (fanado tamén pola campaña abstencionista de milleiros de indepes descontentos cos seus partidos), vasco e galego. Mais en último de contas os resultados electorais amosan o que moitos non ven: que a cidadania que vota (que votamos) por forzas soberanistas elixe deputad@s en pé de igualdade e que estes representantes, nun sistema parlamentário, xogan na conformación das maiorias de investidura e de goberno ao mesmo nível das representacións das forzas unionistas. É dicir, que constitúen para cadanseus países e territorios un voto ben útil. E, sobre todo, lembran continuamente a existencia dunha plurinacionalidade adoito negada e nunca ben resolta.
Deprenderán desta vez as esquerdas españolas que só lles da para sumar con acordos coas forzas soberanistas? Ou seguirán a asumir o marco mental das dereitas españolas? Velaí a chave desta lexislatura que comeza.

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



