Ribadeo, 21 de xullo de 2023. O home máis modificado do mundo, o francés Anthony Loffredo, coñecido como Black Alien, estará en Ribadeo a próxima semana, para facer tatuaxes en Black Blood Tattoo Studio do luns 24 ao mércores 26. O último día terá un encontro cos seus fans, que poderán pedirlle autógrafos e fotografarse con el.
Anthony Loffredo é un home de 33 anos nado en Montpelier que saltou á á fama tras empezar o seu proxecto artístico The Black Alien Project, que ten como obxectivo converterse no que el considera un alien. Trátase dun proxecto vital que iniciou fai oito anos e que desenvolve progresivamente no seu corpo mediante modificacións corporais e tatuaxes. Actualmente está nun 57 por cento da súa transformación, pero o seu proxecto vai máis aló das modificacións. Loffredo é un artista abstracto e tatuador freehand polo que a xente que se tatúa con Black Alien non sabe que vai deseñar na súa pel, convertendo cada tatuaxe nunha obra única en cada cliente.
Proximamente abrirá ao público unha galería onde os asistentes poderán ver o percorrido artístico da obra de Black Alien ao completo e así comprender desde dentro o mundo de Loffredo, que ten 1,3 millóns de seguidores en redes sociais.
Os propietarios de Black Blood Tattoo Studio, Bailey José Ramírez Madrigal e Lucía Filgueira Fernández, explican que Anthony Loffredo “estará os días 24,25 e 26 deste mes no noso estudio traballando, como profesional da tatuaxe mundialmente recoñecido que é. Tatuará a súa propia firma ou deseños no seu estilo en freehand (realizados a man alzada), xa sexan ideas que poidan traer as persoas interesadas, sempre que sexa algo que poda adaptar o seu estilo, ou abstractos. Poderán ser en branco e negro ou engadir algo de cor. Ademais o día 26 a partir das 18 horas teremos un evento de meeting cos seus fans, que lle poderán pedir autógrafos e fotografarse con el. É unha ocasión única na Mariña, para que os interesados aproveiten para disfrutala”.
A reserva de cita pode facerse a través do teléfono 611.15.69.33, do correo electrónico blackbloodartstudio@gmail.com, de instagram ou facebook (@blackbloodartstudio) ou da páxina web www.blackbloodtattoostudio.es.






















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



