O Campus de Verán Fundación Celta by Cabreiroá 2023 terá lugar en Barreiros do 31 de xullo ao 4 de agosto
Barreiros, 31 de xullo de 2023. Esta mañá deu comezo unha nova edición do campus de fútbol organizado polo Celta de Vigo e o Concello de Barreiros coa colaboración dos equipos de fútbol locais, C.F. Celta Barreiros e o Ibería C.F. que ceden as súas instalacións para o desenvolvemento do mesmo.
Con récord de participación e o 100% das prazas cubertas, 60 nenas e nenos foron recibidas esta mañá no campo de fútbol de As Valgas pola alcaldesa, Ana Ermida; o concelleiro de dinamización e participación veciñal, Dani García; e o coordinador do campus, Martín Varela.
Ás 9:30 horas recibiron a equipación completa de adestramento e xa comezaron a tocar balón e facer os primeiros exercicios e xogos que os adestradores tiñan preparados para esta primeira xornada.
Un ano máis, o Concello de Barreiros asume un desconto de 32€ para as crianzas empadroadas no municipio e que asisten a esta edición do campus facilitándolles así un prezo reducido ás familias barreirenses.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 

