De cara ao desenvolvemento do rural, o PP propón “achegar os servizos públicos en igualdade de condicións, impulsar medidas para favorecer o financiamento e a fiscalidade, unha maior conciliación, incorporar mozos e mozas e apostar claramente pola profesionalización da muller”
A Pastoriza, 16 de xullo de 2023. O candidato número 1 da lista do PP lucense ao Congreso, Francisco Conde, e a número 2 ao Senado, María José Gómez, participaron acompañados pola presidenta do PP lucense, Elena Candia, nun encontro sectorial con gandeiros na Pastoriza onde subliñaron que “o apoio ao rural é unha dos principais obxectivos da candidatura de Alberto Núñez Feijóo” que quere “levar a axenda do rural ás prioridades do Goberno”.
Conde explicou que “o sector lácteo xera moito dinamismo dentro da economía en Galicia e moito emprego. Con resultados que están sendo moi positivos en termos de facturación” -con máis de 1.300 millóns de euros no 2022-, tamén en relación ao “incremento da rendibilidade das explotacións” e na progresiva transformación do leite ata alcanzar “un 63% aquí en Galicia, que é moi importante para xerar valor no territorio”.
O cabeza de lista ao Congreso pola provincia subliñou que “Galicia aposta pola innovación, a calidade e a tecnoloxía e, sobre todo, por unha vocación de permanencia para que o rural sexa un elemento de vertebración dende o punto de vista da xeración de emprego e de abrir oportunidades no rural”.
A Xunta de Galicia está desenvolvendo “medidas importantes como favorecer o relevo xeracional e a incorporación de mozos e mozas ás explotacións”. E avanza que estas “son medidas que Feijóo quere levar ao resto de España para impulsar o sector e que o rural estea na axenda do Goberno”.
LEI DE DESENVOLVEMENTO RURAL
Conde nomeou, entre as medidas do programa electoral do Partido Popular vinculadas ao desenvolvemento do rural, a proposta para “achegar os servizos públicos en igualdade de condicións ao rural ou impulsar medidas para favorecer o financiamento e a fiscalidade no rural”.
Dende o punto de vista social, o candidato citou o impulso dunha “maior conciliación, unha aposta clara pola incorporación e profesionalización da muller no rural e por dar oportunidades para que poida asumir cargos directivos, a incorporación de mozos e mozas e a formación”.
Outras medidas para o impulso e consolidación do sector rural que propón o Partido Popular son aprobar unha Lei de desenvolvemento rural que recolla un Plan de apoio á España despoboada, revisar o plan estratéxico da PAC para mellorar a viabilidade das explotacións gandeiras, mellorar o funcionamento da cadea alimentaria e desenvolver o Plan nacional sostible en materia de Gandería, Agricultura e Montes.




















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



