O BNG aposta por unha banca pública galega para poñer no centro a veciñanza, evitando que unha parte do aforro galego marche para fóra do país
Lugo, 17 de xullo de 2023. O número un ao Congreso pola provincia de Lugo, Daniel Castro, mantivo unha xuntanza con pensionistas en Lourenzá para achegar o posicionamento do BNG acerca do acceso a servizos bancarios. Castro afirmou que a exclusión financeira de miles de cidadáns en Galiza ten dúas caras: por unha banda, “no medio rural onde xa non poden acudir a ningunha oficina bancaria, e tamén para todas esas persoas ás que as novas tecnoloxías se lles converten nunha carreira de obstáculos”. O candidato do BNG destacou que “desde o noso partido recollemos e compartimos as propostas deste colectivo, que nos últimos anos realizou importantes mobilizacións en defensa dos seus dereitos”.
Daniel Castro explicou que “reclamamos o incremento das pensións para aproximalas o máis posíbel a este encarecemento do coste da vida, pois esta subida dos prezos a xubilidados e pensionistas é un dos sectores ao que máis lles afecta”. O aspirante a deputado tomou nota das propostas destes colectivos, que fará chegar ás forzas políticas do Estado.
Non podemos tolerar, dixo, que as persoas maiores teñan a obriga de adaptarse ao bancos, “son os bancos os que deben adaptarse as necesidades dos nosos e nosas maiores” que merecen un trato humanizado e de calidade. Por outra parte, Castro subliñou que a exclusión financeira tamén amosa outras caras, “peches de oficinas, encarecemento do cobro por acceder á conta bancaria, realizar transferencias ou xestionar os seus aforros, accións que afectan máis gravemente ás persoas maiores ante a posta en marcha desas novas tecnoloxías”.
O BNG aposta por unha banca pública galega para poñer no centro a veciñanza, evitando que unha parte do aforro galego marche para fóra do noso país. Daniel Castro afirmou que “é urxente frear os abusos da banca e pola parte das entidades bancarias ofrecer un trato humanizado e todos os recursos que precisan”. Castro indicou que liderará “as negociacións necesarias para protexer os dereitos das persoas usuarias da banca garantindo o acceso aos servizos sen discriminación”.





















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.


