Foz, 4 de xullo de 2023. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro Francisco Xavier Fanego asinaron o acordo para un goberno progresista conxunto en Foz, no que o candidato do Bloque será de novo primeiro tenente de alcalde. O pleno de organización celebrarase este venres, día 7 de xullo.
O rexedor municipal socialista, Fran Cajoto, amosouse moi satisfeito pola sinatura dun acordo que “vai permitir seguir coa estabilidade en Foz e continuar cos cambios que o concello necesita para consolidarse como a referencia da Mariña. Buscamos un goberno de coalición pero un goberno único, no que se respecten as áreas de goberno e que permita avanzar nos cambios que precisamos. Temos retos moi importantes e con este acordo sentamos as bases para corrixir os erros que se puideron producir na pasada lexislatura. Foz está medrando e debemos medrar con el. O compromiso con Foz é total, debemos estar á altura do que o noso concello merece”.
O concelleiro nacionalista Francisco Xavier Fanego, que será primeiro tenente de alcalde, afirmou: “Estamos satisfeitos de ter podido chegar finalmente a un acordo. A lectura que fixemos despois da primeira reunión antes da investidura provocou unhas manifestacións públicas que a tenor das reunións mantidas durante a pasada semana debemos matizar, xa que se deu o clima necesario para falar e chegar a acordos nun bo ambiente”.
Un acordo no que o candidato do BNG será Primeiro Tenente de alcalde, con delegacións en Medio Ambiente e Patrimonio. O concelleiro nacionalista Simeón Neira López levará as carteiras de Deporte e Mar; Benito García Bolaño, Medio Rural; e Zoraida Coira Vázquez, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística.
O alcalde levará directamente as áreas de Urbanismo e Obras -que inclúe o desbroce de camiños- e Seguridade Cidadá. A Segunda Tenente de Alcalde, Inés López Couto, que asumirá as funcións de alcaldesa en ausencia deste, levará as áreas de Economía, Facenda e Cultura, da que dependen a Biblioteca, os museos e a Escola de Música. O concelleiro socialista Ángel Fernández Neira será Terceiro Tenente de Alcalde con delegacións en Servizos Públicos -abastecemento, alumeado, parques e xardíns e limpeza viaria- e Festas. A concelleira Ana Rojo levará Servizos Sociais e Benestar, Inclusión e Inmigración. A concelleira socialista Elena Martínez Pena asume as delegacións de Muller e Igualdade, Participación Cidadá e Aula Universitaria. Carlos García será concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación da Axenda 2030 e Kathy Alonso será a responsable de Turismo, Comercio e Sanidade.
O salario do alcalde e a dedicación parcial da Segunda Tenente de Alcalde mantéñense respecto ao anterior mandato, con 47.921,16 e 23.960,58 euros brutos ao ano respectivamente. A concelleira do BNG Zoraida Coira Vázquez tamén percibirá unha dedicación parcial de 23.960,58 euros ao ano. Fran Cajoto, elixido recentemente deputado provincial, reformulará as retribucións unha vez se conforme a organización do goberno da Deputación de Lugo: “Para asumir as tarefas de deputado conto co respaldo dos compañeiros e parte do salario da Alcaldía será para eles, que deberán realizar un traballo extra. Agradézolles o esforzo: o noso compromiso é con Foz”.



















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



