Ribadeo, 31 de agosto de 2023. Segue en Ribadeo o XII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, organizado por Apaga. A asociación celebrou neste marco a súa asemblea anual na que foi aprobado o plan estratéxico para os vindeiros dous anos.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “a asemblea anual da asociación dividiuse en dúas partes totalmente diferenciadas. Por unha estivo a elección de nova xunta directiva e por outra o plan estratéxico para os próximos dous anos. Ademais aprobouse o exercicio económico de 2022 e informouse tamén da situación neste momento dos proxectos europeos que están en marcha, os que foron aprobados este ano e hai un novo proxecto de mobilidade e un proxecto sobre a tecnoloxía do hidróxeno”.
Doural seguirá á fronte de Apaga: “á elección de nova xunta directiva, presentouse soamente unha candidatura que está formada pola mesma xente que estamos neste momento. Hai un proceso de continuidade; é dicir, elección dos tres cargos principais. O secretario segue sendo Juan José Martínez Fernández, profesor dun instituto de Murcia, o tesoureiro, que é Francisco Javier Rodríguez Fanego, profesor do CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, mais eu, que son Álvaro Doural, como presidente. Queda por ampliar o resto do equipo, pero en principio quedou escollido o que forma o núcleo principal da asociación e nos próximos días formarase o equipo de xestión, segundo o organigrama que temos na entidade”.
O presidente de Apaga subliñou que “se vai programar unha nova formación tendo en conta cara onde vai o mundo do automóbil: vehículos eléctricos, novos combustibles, sostenilibidade, os sistemas de comunicación,… todas estas novas tecnoloxías que neste momento se están a incorporar e imos plantexar ese tipo de formación”.
E engadiu: “tamén se valorou a proposta da Asociación Española de Fabricantes de Automóbil. É unha petición que fixo para a incorporación de Apaga a esa asociación. Neste momento nós pediremos información e vaise valorar a incorporación a esta asociación como tamén á Asociación de Usuarios de Vehículos Eléctricos, que é outra petición que se nos cursou tamén. En xeral, este plan estratéxico aborda os sistemas principais do que vai ser o automóbil a partir destes próximos anos e queremos planificar unha formación tanto para profesores como técnicos de empresa”.
O XII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos séguese a celebrar en Ribadeo ata mañá. Onte o medio cento de participantes asistiu á recepción ofrecida no Concello e hoxe pola tarde irán en barca desde Ribadeo ata Ría de Abres, onde gozarán dunha merenda campestre.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



