Burela, 2 de agosto, 2023. Esta fin de semana a nave de redes do Porto de Burela volve acoller unha nova edición de PRODUART, a Feira dos Produtos do Mar, Artesanais e Ecolóxicos que organiza anualmente a Fundación Expomar e que, como cada ano, se celebra de venres a domingo coincidindo coa Feira do Bonito.
O conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, xunto coa presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, inaugurarán a 21ª edición da feira este venres ás 18:00h na nave de redes do porto de Burela.
Desde o venres pola tarde ata a noite do domingo, o porto de Burela acollerá a máis de 40 expositores de diversa orixe, desde artesanía tradicional e produtos naturais-ecolóxicos, alimentación (tanto perecedeira como elaborados e conservas), artesanía, natureza e medio ambiente.
Non faltarán á cita expositores habituais e fieis á feira desde hai anos, como os embutidos de Suarna, as anchoas de Cantabria, os queixos de León ou os aceites denominación de orixe Priego de Córdoba… ademais de moitos outros produtos artesanais e alimentarios típicos de Galicia.
Dentro do programa de actividades este ano cobran maior relevancia as degustacións gastronómicas de produtos do mar ou o showcooking “Peixe de Burela”, que terá lugar dentro da nave de redes a partir das 19h do venres.
Tampouco faltarán actuacións musicais: o venres despois da inauguración actuarán ‘As Grileiras’, grupo de cantareiras e pandereteiras da Sociedade Cultural Ledicia; e o domingo a media tarde tamén ofrecerán un concerto os ‘Acordeonistas da Mariña’.
O programa desta edición inclúe tamén actividades infantís e demostracións de encaixe de bolillos, que se suman á multitude de actividades de ocio que cada ano rodean a esta cita, como a XXXVII Feira do Bonito, as visitas ao Barco Museo Boniteiro ‘Reina del Carmen’ e o Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, que este ano celebra a súa edición definitiva completando os tramos do muro rompeolas do Porto de Burela.
A oferta de ocio complétase coas diferentes actividades complementarias da Feira do Bonito, como o Torneo de Baloncesto 3×3, a Quedada de Coches Clásicos, o Torneo de Fútbol de Veteranos ou o Encontro de Alfombrismo e Arte Efémero Galego, ademais de diferentes actuacións e ruadas musicais durante o sábado e domingo.
A entrada á feira é gratuíta e desde a Fundación Expomar agardan que esta cita sexa un novo éxito tanto de asistencia de público como de actividade comercial para os diferentes expositores, ademáis de agradecer a colaboración da Xunta de Galicia por medio da Consellería do Mar, da Deputación Provincial de Lugo, do Concello de Burela e de todos os patróns que forman o patronato da Fundación.
Produart persiste como plataforma de exposición comercial-feiral para poñer en contacto a produtores, comerciantes e consumidores que apoien o desenvolvemento dos recursos dende a óptica da sustentabilidade e da conservación do medio, especialmente o mariño. O evento pretende reflexar os valores da sustentabilidade dos nosos recursos pesqueiros, tradición artesanal e patrimonio cultural, servindo como reclamo da actividade turística da zona, que busca a calidade e aposta por este xeito de vida.
A feira promociona os produtos locais, artesanais e tradicionais, e tamén aqueles produtos anovadores que difunden e recuperan a cultura ecolóxica, cunha clara intención de estimular e fomentar iniciativas, recursos e produtos que se atopen no marco da economía sustentable.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



