Alfoz, 31 de agosto, 2023. Sinfónico no Rural, un programa de educación musicosocial gratuíto e inclusivo dirixido á infancia que, a través da música, pretende formar persoas que de maneira activa, inclusiva e equilibrada constrúan unha comunidade máis xusta e transformadora. Así pois, os nenos e nenas son os protagonistas do programa, xa que eles serán en axentes activos neste cambio.
Devandito cambio desenvolverase nas seguintes áreas:
. A nivel individual, familiar, grupal e comunitario
. Cambios no contexto social, educativo e cultural da zona
Por iso, a integración da comunidade e dos seus axentes é fundamental no programa, xa que traballaremos por e con ela. Para iso, buscaremos sempre as súas potencialidades e traballaremos para colaborar na superación das súas necesidades. Así pois, tras unha análise das mesmas, levará un Plan de Acción: deseño dunha acción concreta e axustada ao territorio.
Os nosos valores son:
. Crear conciencia crítica.
. Feminismo
. Inclusión da diversidade
. Perspectiva de coidados entre os participantes.
. Participación da Infancia na comunidade.
. Perspectiva ecoloxista e de coidados do grupo
Así, este espazo colectivo que favorece o benestar integral e a transformación sociocultural a través da música está dirixdo a nenos de 7 a 12 anos. Para solicitar máis información ou facer xa a preinscripción para o este curso haberá que chamar ao 699 410 878.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.


