O sábado 14 de outubro está programado tamén ‘Contos do mundo: as viaxes de Irene”, a cargo de Solidariedade Internacional de Galicia
Viveiro, 12 de setembro de 2023. O Concello de Viveiro organiza varias actividades na Biblioteca Pública Municipal ao longo dos meses de setembro e outubro. Esta programación, baixo o nome ‘Ler conta moito’, contará coa presenza da poeta Yolanda Castaño ou do artista Magín Blanco.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, sinala que, cos eventos previstos, o Concello de Viveiro “continúa coa súa aposta por promover a lectura dende a infancia dun xeito lúdico á vez que educativo”. A entrada aos mesmos será, en todos os casos, de balde ata completar aforo, puidéndose reservar prazas acudindo previamente á biblioteca para coller entradas.
A primeira cita deste ciclo de actividades terá lugar este venres 15 de setembro ás 20:00 na sala multiusos do Concello de Viveiro, e está dirixida a un público xuvenil e adulto. Contará como poñente coa escritora compostelá Yolanda Castaño.
O sábado 7 de outubro a propia sala multiusos acollerá ás 12:00 ‘O que levamos nas maletas’, do músico e cantante Magín Blanco, para público a partir de 3 anos.
E ás 12:00 do sábado 14 de outubro na mesma ubicación será a quenda de ‘Contos do mundo: as viaxes de Irene”, a cargo de Solidariedade Internacional de Galicia.





















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



