“Aplicar a perspectiva de xénero en toda a acción política que desenvolve o Goberno provincial é un dos obxectivos que marquei como Presidente da Deputación de Lugo, e este proxecto, no que vamos da man de entidades de referencia no ámbito deportivo, responde a ese compromiso”, apuntou José Tomé
Lugo, 14 de setembro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este xoves no Pazo de San Marcos Unha tripla pola igualdade, unha nova iniciativa impulsada pola institución provincial para “visibilizar, apoiar e fomentar o deporte feminino a través dun completo programa de actividades que arrancarán este mesmo sábado e continuarán ata finais de ano”, e aproveitar esa proxección para “seguir avanzando en igualdade”.
José Tomé compareceu no acto de presentación do proxecto xunto á Deputada de Muller e Igualdade e Alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira; o presidente da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Rubén Engroba; o presidente do Ensino, Manuel Durán; ás xogadoras profesionais do equipo Esther Castedo e Bea Sánchez; e ao director da publicación Líder Deporte Lucense, Javier Ferreiro, todas entidades colaboradoras da iniciativa.
Explicou José Tomé Roca que a programación de Unha tripla pola igualdade combina unha parte competitiva, cun encontro de pretempada do Ensino e o Celta de Vigo e un torneo feminino en categorías de formación; visitas a centros escolares das comarcas lucenses nos que as xogadoras profesionais contarán aos nenos e nenas as dificultades das mulleres para chegar á elite do baloncesto; e unha mesa redonda con referentes do deporte de elite galego e nacional.
Agradeceu o Presidente a presencia das diferentes entidades colaboradoras, como a Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, “que ten unha dilatada experiencia na celebración de torneos de baloncesto na cidade de Lugo”; do Ensino, que “non necesita presentación porque é un dos clubs de Galicia con maior tradición en baloncesto feminino e con máis temporadas na máxima categoría nacional”; e doutras entidades como o Concello de Guitiriz, que cede as súas instalacións deportivas para os partidos que se disputarán.
“Aplicar a perspectiva de xénero en toda a acción política que desenvolve o Goberno provincial é un dos obxectivos que marquei como Presidente da Deputación de Lugo, e este proxecto que hoxe presentamos, no que vamos da man de entidades de referencia no ámbito deportivo, responde a ese compromiso de avanzar na senda cara unha sociedade máis igualitaria e máis xusta”, subliñou o mandatario provincial.
“O deporte ten un gran poder para transmitir valores e para transformar a sociedade porque é o espello no que se miran centos de miles de persoas. Precisamente, estámolo comprobando nestes días coas campioas do mundo de fútbol feminino”, destacou o Presidente. Por iso, “dende a Deputación de Lugo apostamos polo deporte como un gran aliado para seguir avanzando en igualdade”, asegurou José Tomé.
Un amigable do Ensino e torneo de formación
O programa Unha tripla pola igualdade arrancará este sábado, ás 19.00 horas, co último partido de pretempada do Ensino Lugo. As lucenses enfrontaranse nun amigable ao Celta de Vigo no pavillón Jonathan Carro de Guitiriz, que ten capacidade para unhas 300 persoas. A entrada será gratuíta para o público asistente.
No mesmo pavillón da localidade guitiricense, celebrarase a fin de semana do sábado 23 e domingo 24 de setembro, un torneo feminino en categorías de formación, para nenas de Infantil e Cadete. Haberá catro equipos por categoría, que chegarán desde diferentes puntos da xeografía galega.
600 escolares da provincia
Outra das patas importantes da iniciativa, tal e como explicou o Presidente, serán as visitas escolares. Están previstos diferentes encontros entre o corpo técnico e xogadoras profesionais do Ensino, que percorrerán as diferentes comarcas da provincia para intercambiar xogos e impresións co alumnado para explicarlles as dificultades que tiveron para chegar a elite do deporte. Tomé Roca avanzou que as citas serán en diferentes centros dos concellos de Burela, A Fonsagrada, Samos, Antas de Ulla, Castroverde e Monforte de Lemos, e participarán máis de 600 nenos e nenas.
Unha tripla pola igualdade contará ademais cunha mesa redonda que se celebrará a finais de ano, nunha data aínda por definir, no Pazo de San Marcos. Diferentes referentes femininas no deporte de elite galego e nacional intercambiarán as súas experiencias persoais para chegar á elite do deporte.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
