Na última (ata o de agora) asemblea pola paz celebrada entre xente do Occidente Astur e a Mariña Lucense lembrouse un tema sobre a descrición da guerra mundial continua. Coido que dá abondo que pensar, acéptese ou non o de ‘mundial’ e o singular (en varios sentidos) dunha guerra continua.
Como anécdota, a asemblea tivo lugar diante do concello no que dous días despois se reuniron o Presidentes de Asturias e de Galicia. Pódese ler entre liñas o comunicado ou as entrevistas pertinentes, mais dubido que se poda atopar o tema da paz entre o tratado por ambos presidentes.
As xuntanzas, concentracións, asembleas pola paz comezaron en Ribadeo coa invasión da Ucraína, mais dende o comezo mantívose o ‘pola paz’ primeiro, e por se non se entendera, o ‘non á guerra’. Hai un rexeitamento á guerra, claro, pero coa conciencia de que é a paz o que hai que construír. Antes, para evitar conflitos que den lugar á guerra. Durante, para, se hai guerra, tentar parala. E despois, para reconstruír a normalidade. Por iso pódese dicir que a guerra nn quere quedarse soa, mais a paz non pode facelo. A guerra non xurde de xeito espontáneo, senón seguindo unhas causas na que a humanidade vai perdendo importancia en favor doutras cousas como o poder ou os cartos. A guerra necesita esas causas, necesita non quedar soa. Polo contrario, a paz podería quedar soa no sentido de que a paz funciona. Pero ese ‘quedar soa’ implicaría tamén quedar desamparada, cos medios, os cartos ou os intereses de diversos tipos desequilibrando a balanza, desequilibrando a paz. E iso é o embrión da guerra.
Non penses agora se os ucraínos teñen máis ou menos razóns que os rusos. Só con ler un par de soflamas de Putin e Zelenski chégase á conclusión de que eles non teñen razón, e os seus pobos (así, ‘seus’) teñen que posicionarse entre dúas posibilidades que só poden clasificar entre mala e peor. O mesmo pode dicirse do estado de Israel e a ‘autoridade’ palestina, e máis canto máis tempo pasa e por máis que a asimetría en danos inflixidos (á poboación, non tanto a ‘estado’ e ‘autoridade’) sexa evidente. E así mesmo, doutros conflitos (guerras, sublevacións = guerras internas, terrorismo ≈ guerra asimétrica, ‘guerras de baixa intensidade’, etc).
Ó final, o mesmo que as guerras (a guerra, sexa nun ou outro lugar, nun ou outro tempo, entre unha e outra xente) son provocadas por unhas causas dirixidas por uns intereses, e teñen unhas consecuencias en xeral afectando máis a quen menos quere a guerra, tamén axudan a alimentar outros conflitos e emerxencias. Sexan un maior menoscabo na loita contra o cambio climático, o menos aproveitamento de recursos e o seu malgasto, o incremento de problemas medioambientais, o deixar os problemas sociais a unha beira para poder ‘atender’ máis á guerra, etc, as guerras fan dano a todos. Iso, aínda que quen se lucra con elas, ou adquire mediante elas un poder máis absoluto, ou se beneficia doutras moitas formas, crea que ‘para el’ (ou ela) as guerras / a guerra son boas.


















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



