A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou en Navia de Suarna na inauguración da Caravana Cultural das Mulleres Rurais, referíndose a elas como “as verdadeiras protagonistas, os alicerces do noso sustento”
Navia de Suarna, 2 de setembro de 2023. A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou hoxe en Navia de Suarna na inauguración da Caravana Cultural das Mulleres Rurais, organizada pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur) co gallo de tecer unha rede entre todas estas mulleres a nivel estatal que faga aflorar o seu coñecemento, oficios e cultura tradicional. Alí, a secretaria xeral gabou que a iniciativa busque visibilizar e poñer en valor o papel das mulleres no rural de Galicia porque -dixo- “son as verdadeiras protagonistas, os alicerces do noso sustento”.
Nese senso, Sandra Vázquez referiuse á relevancia das mulleres rurais na nosa economía, “moitas veces non recoñecida”, malia que o seu traballo “era e é sacar adiante a economía familiar”. Nese contexto, considerounas claves ademais na dinamización do territorio.
Como mostra do compromiso con estas mulleres, a secretaria xeral da Igualdade lembrou os convenios recentemente asinados con Fademur, seguindo a senda de apoio dos últimos anos. Así, nomeou o acordo destinado a desenvolver accións de sensibilización fronte á violencia de xénero e de apoio ás vítimas.
Ademais, a Xunta colabora por segundo ano consecutivo coas federacións de asociacións de mulleres rurais de Galicia para impulsar a acreditación profesional da experiencia laboral dunhas mil mulleres no coidado de menores de ata 16 anos. Implementaranse ademais plans de sensibilización e formación en corresponsabilidade, con especial atención ás mulleres maiores de 45 anos do rural e que se teñan dedicado ao coidado de menores.
Nese senso, Sandra Vázquez amosou o seu empeño por garantirlles ás mulleres do rural “a igualdade de oportunidades” porque, segundo dixo, o “futuro do noso territorio pasa pola creación de máis oportunidades e pola mellora da situación laboral das mulleres”.
A Caravana
Navia de Suarna é a primeira parada da Caravana Cultural das Mulleres Rurais, iniciativa que se levará a cabo a nivel estatal e que despregará esta fin de semana un amplo programa de actividades que pretenden xerar debate, crear diálogo e visibilizar e poñer en valor a cultura rural, así como o papel primordial das mulleres neste ámbito.
En concreto, entre hoxe e mañá o concello lucense acollerá feiras de emprendedoras, talleres de cine ou de musicoterapia. Tamén obradoiros orientados á recuperación e transmisión de saberes tradicionais vinculados ao fiado do liño e da la, ao traballo con coiro ou ao tecido. A Caravana contará así mesmo con actuacións musicais e concluirá -mañá á tarde- cun graffiti final do proxecto “A cultura é igualdade”.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



