Censura aos actuais responsables do Goberno de España pola falta de compromiso coas infraestruturas lucenses, no que atinxe ao mantemento e á hora de executar novas obras e reparacións
Compostela, 11 de setembro de 2023. O voceiro de infraestruturas do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, reclama ao Ministerio de Transportes que finalice con carácter de urxencia a reparación do socavón que o pasado mes de xaneiro obrigou a cortar a circulación da estrada N-642, á altura da praia de Areoura, entre as localidades de Cangas de Foz e Burela.
Con este obxecto o deputado mariñán vén de rexistrar unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que pide ao Goberno central que abandone a súa pasividade e garanta, á maior brevidade, a recuperación da circulación, en condicións de normalidade, vialidade e seguridade. Ata o momento, todos os que circulan por ese punto deben convivir coa incomodidade dunhas obras que se prolongan no tempo.
“A falta de avance nos traballos de restauración da vía é máis que patente para os que circulan nesa zona, unha circunstancia que foi aínda máis evidente durante o verán e, en especial, nestas primeiras semanas de setembro. Cidadanía e empresas non deixan de reclamar axilidade nas obras, petición fronte á que o Ministerio fai oídos xordos” –lembra Balseiro.
O parlamentario tamén explica que o propio Ministerio recoñece que a magnitude dos traballos pendentes segue a ser moi relevante e iso levoulles a incumprir, un tras outro, os prazos de finalización que ofreceron. Aínda quedan por construír novos pozos de rexistro, reparar os colectores de drenaxe, reconstruír os terrapléns, tapar a escavación realizada e repoñer o treito de circulación, actuacións que aínda levaran meses e que superarán con moito o último prazo fixado para a conclusións das obras neste mes de setembro.
Un itinerario sen alternativa
A estrada N-642 é unha vía estratéxica e vertebral para a comunicación dos concellos do litoral da Mariña lucense e, do norte da provincia de Lugo no seu conxunto e, tal e como se evidenciou durante o tempo no que estivo pechada, non dispón dunha alternativa de circulación viable o que fai que soporte unha gran carga de circulación.
“O Ministerio tampouco fai nada por impulsar a autovía paralela -a A-74- que a día de hoxe non ten un só quilómetro construído, nin en execución, nin licitado e está practicamente desaparecida dos Orzamentos Xerais do Estado”-explicou.
Todo isto leva a concluír, segundo Balseiro, que tanto a Mariña lucense como o conxunto da provincia están a ser moi prexudicados polo desinterese e pola falta de compromiso do actual Goberno de España e tamén pola falta de investimento, tanto no que atinxe ao mantemento das estradas nacionais e autovía como á hora de executar novas infraestruturas ou reparacións”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



