O Bono divídese en 200€ para artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais; 100€ para produtos culturais en soporte físico; 100€ para consumo dixital ou en liña
Lugo, 5 de setembro de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, animou hoxe á mocidade lucense a solicitar o bono antes do 30 de setembro. A subdelegada informou que 1.145 mozos da provincia realizaron máis de 4.105 operacións por valor de 163.507 euros a través do Bono Cultura Xove do Ministerio de Cultura e Deporte, que destina 9.259.600€ para que os mozos e mozas conten cunha axuda de 400€ para gastar en actividades e bens culturais. “Queremos lembrar que as persoas nadas no 2005 teñen dereito a solicitalo este mes, co que pretendemos que os novos adultos teñan un acceso máis doado a un sector que da traballo a 700.000 persoas e ten un gran impacto na economía representando un 3,2% do PIB.”
Isabel Rodríguez, acompañada do concelleiro de Mocidade e Deportes, Jorge Bustos; o xerente do Centro Comercial As Termas, Esteban Patiño, e un dos encargados de Game, tenda especializada en videoxogos, David Rego, comprobou de primeira man como marcha a iniciativa, na que están a participar en Lugo “cerca do 50% da mocidade lucense” e aínda están a tempo de ser máis, xa que o prazo remata o 30 deste mes, tanto para solicitalo como para gastar a axuda do ano pasado, que foi dedicada aos nados no 2004.
“Esta axuda permite aos beneficiarios o consumo de contidos distribuídos en múltiples formatos para explorar unha oferta cultural rica e variada”, subliñou a subdelegada. Durante a visita, a representante do Goberno na provincia remarcou que “dedicar recursos á cultura é unha das ferramentas máis poderosas que temos ao noso alcance para inculcar nas persoas pensamentos e miradas críticas e diversas”.
En Lugo, hai 29 establecementos entre eles librarías, salas de cine, tendas de produtos dixitais e en liña ou locais especializados en videoxogos, películas, entre outros. As entidades que queiran adherirse aínda están a tempo, o 30 de setembro remata o prazo para inscribirse e pódese facer na seguinte ligazón:
https://entidades-adheridas.bonoculturajoven.gob.es/.
Os interesados necesitan identificarse dixitalmente a través de Cl@ve ou o Certificado dixital. Poden realizar o trámite persoalmente ou a través da representación dun adulto, para o que é preciso achegar o formulario de representación descargable na páxina web, correctamente asinado polo beneficiario e representante. Unha vez concedida a axuda, o importe total abónase nun único pago, en formato de tarxeta prepago virtual nominal que está vixente durante os doce meses seguintes á concesión. A tarxeta é persoal e intransferible.
Tres categorías para gastar
O Bono Cultura Xove divídese en tres apartados:
– 200 euros para artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais.
– 100 euros para produtos culturais en soporte físico, como libros, revistas, prensa, ou outras publicacións periódicas.
– 100 euros para consumo dixital ou en liña na que entran subscricións e alugueiros a plataformas virtuais.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



