A alcaldesa de Viveiro explica, ante as demandas dos populares, que “a Xunta de Galicia denegou ao Concello no 2021, no 2022 e no 2023, as axudas que solicitara para facer melloras na praza”
Viveiro, 27 de setembro de 2022. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, sinala que lle parece ben “que a portavoz do PP, Mariña Gueimunde, entregue aos praceiros a súa moción para pedir melloras na praza de Abastos”, pero demándalle “que non faga populismo”.
Loureiro fai referencia á moción que os populares presentarán no vindeiro pleno ordinario do día 4 de outubro en Viveiro, da que xa entregaron copias en papel nos postos da praza de Abastos.
“Que o PP lles explique tamén aos praceiros, por exemplo, que a Xunta de Galicia denegou ao Concello no 2021, no 2022 e no 2023, as axudas que solicitara para facer melloras na praza de Abastos, por importes de 33.000€, 33.000€ e 58.800€ respectivamente”, sinala a alcaldesa.
Nos tres casos, afirma Loureiro, as solicitudes do Concello foron denegadas por esgotamento de crédito, e anima aos populares a que lle expliquen tamén aos praceiros “cando comezaba o prazo para pedir ditas axudas e cando se esgotou dito crédito”.
A alcaldesa de Viveiro sinala como exemplo que “no ano 2021, a convocatoria publicouse no DOG no venres 10 de setembro, dicindo que o prazo para comezar as solicitudes comezaba ao día seguinte ás 00:00, e o crédito esgotouse ás 00:21 dese mesmo día”. “Resulta curioso que se esgotara en 20 minutos, publicándose un venres”, engade a rexedora.
Por outra parte, a concelleira de Comercio, Iria Cotelo, reuniuse en varias ocasións cos comerciantes da praza de Abastos, para coñecer de primeira man as necesidades que teñen e traballar en melloras para as instalacións.
Estas reunións estaban enfocadas tamén a mellorar as bases dos pregos á hora de licitar os postos da praza, un obxectivo para o que se está traballando co persoal técnico responsable.





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



