Tras constatarse unha variación de máis de 850.000 € no patrimonio do líder do PP, o Bloque pide “respecto, transparencia e o cumprimento do Regulamento”
Santiago de Compostela, 07 de setembro, 2023. O deputado do BNG Iago Tabarés reclamou hoxe ao ex presidente da Xunta e actual líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, que actualice no Parlamento de Galiza a súa declaración de bens e dea contas do relevante incremento, de máis de 850.000 euros, do seu patrimonio entre os anos 2020 e 2022.
“Como é publicamente coñecido, entre xullo de 2020 e xuño de 2022 o patrimonio do señor Feijóo experimentou unha variación superior aos 850.000 euros, e existe a obriga regulamentaria de actualizar unha modificación patrimonial tan relevante”, asegurou Tabarés, quen detallou que dese incremento 64.000 euros corresponden a depósitos, 53.000 a accións, 481.500 a un fondo de Abanca, 238.000 a amortización dun préstamo e 15.000 a un plan de pensións.
“Dende o BNG non podemos afirmar que a orixe do incremento patrimonial do Sr. Núñez Feijóo teña causa ilícita, nin que proceda de sobresoldos ou que percibise gastos de representación, como agora se coñece na súa etapa do Senado, simplemente pedimos respecto, transparencia e o cumprimento do Regulamento da Cámara”, asegurou Tabarés nunha rolda de prensa na que anunciou que o Bloque vén de solicitar formalmente que se convoque a Comisión do Estatuto do Deputadx, que leva máis dun ano sen celebrar sesión algunha.
Subliñou, neste sentido, que nos últimos meses máis dunha decena de membros do Parlamento cesaron na súa condición de deputados ou deputadas e outras tantas tomaron posesión do seu escano, sen que se celebrara a comisión para dar conta das súas declaracións de bens e actividades, paso previo á publicación na web de transparencia do Parlamento “para coñecemento de toda a cidadanía”, explicou.
A pesar de que o BNG xa o solicitou hai máis dun ano, a Comisión do Estatuto ten pendente ademais pronunciarse sobre a necesidade de solicitar a Feijóo a aclaración do incremento do seu patrimonio. “Non consta que Feijóo o fixera a pesar de que dende o ano 2015 os deputados e deputadas temos a obriga de informar das modificacións relevantes nas declaracións iniciais”, denunciou Tabarés.
O deputado do BNG, que especificou que o propio Feijóo cumpriu co Regulamento no 2019 por unha variación patrimonial menor, reclamou ao Partido Popular que apoie a convocatoria da Comisión do Estatuto do Deputado e non impida “o normal funcionamento do Parlamento de Galiza e das persoas que o compoñen”.




















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



