Xosé Luís Rivas preguntou se a caza é un método de control eficaz cando está demostrado que os accidentes nas estradas prodúcense con maior incidencia despois das batidas
Santiago de Compostela, 21 de xuño, 2023. O deputado do BNG, Xosé luís Rivas defendeu na Comisión de Agricultura “un plan de xestión” consensuado e coa implicación de gandeiros, produtores e medioambientalistas para resolver os graves danos producidos polo incremento da poboación do xabaril. O deputado lamentou o voto e contra do Partido popular á iniciativa nacionalista.
Na súa intervención, Xosé Luís Rivas (Mini), cuestionou que “as batidas” sexan o método de control máis axeitado xa que está demostrado, dixo, que tras elas prodúcense un gran número de accidentes nas estradas polo cochos bravos.
O deputado do BNG explicou que o xabaril non fai distingos entre cultivos de autoconsumo, forraxeiros, ou industriais. “Alí onde entra fai das súas para desespero de agricultores e mesmo gandeiros por ser vector de transmisión de pestes e enfermidades coma a PPA ou a tuberculose”. A súa abundancia fai que os danos ocasionados non sexan meras incidencias anecdóticas e si danos considerables e moitas veces de maneira continuada.
Xosé Luis Rivas criticou que a Xunta puxera en marcha un teléfono para recoller as incidencias producidas polo xabaril que en realidade, “ é unha gravación” que moitas veces non permite transmitir os danos.” Cando unha persoa a quen o cocho bravo acaba de estragar un cultivo, chama ó 012, se ten a sorte de ser atendido, como demostra ser o dono do cultivo en cuestión? E que pasa se a terra onde o seu cultivo sufre danos da e non é o seu propietario porque foi cedida por un veciño? Nese caso, preguntou, quen ten dereito a recibir axuda?
Por outra parte, no caso dunha empresa que ten un cultivo danado polo animal e que se trata dun arrendamento de palabra, como se fai? E de tratarse dunha empresa con compromisos de entrega á distribución ou á industria que debe facer, pechar?
A xuízo do nacionalista, existe unha realidade que o goberno non contempla, “agás na propaganda electoral cando toca pasarlle a mao polo lombo á envellecida poboación do noso rural”. A realidade dunha persoa envellecida cun móbil na mao enfrontado a unha máquina falante que non razoa. Pero para o Partido popular, “se non hai avisos non hai problema”.
Rivas indicou que urxe elaborar “un censo” da especie e poñer en marcha o Plan de Xestión do Xabaril “prometido, encargado e con recursos económicos varias veces” sen embargo, “nada se sabe del” e continuamos cunha política de actividade cinexética “deportiva” e a “clandestina” de escopeta e lazo, como nos vellos tempos.
“Os accidentes de tráfico, danos persoais e materiais, inseguridade viaria, sanitaria, a alteración do equilibrio medioambiental, cuantiosos danos á agricultura e o medre poboacional deducido da presenza física das piaras mesmo nos arrabaldos das cidades e vilas, dan conta dun “serio problema que o goberno galego obvia ollando para outro lado”.
Xosé Luís Rivas lamentou que, unha vez máis, o Partido popular vetara a proposta do BNG e persista nunha política errática rexeitando un Plan de xestión do xabaril coa intervención dos sectores afectados, un censo da poboación da especie, axudas inmediatas polos danos” e buscar alternativas ás batidas indiscriminadas.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



