O goberno local pretende evitar o mal uso da marca por parte de produtores non autorizados ou produtos que non procedan do concello de Mondoñedo
Mondoñedo, 22 de setembro de 2023. O alcalde de Mondoñedo, Manolo Otero, presidiu unha reunión xunto ao concelleiro de Comercio, Alberto García, cos produtores autorizados para comercializar os seus produtos hortícolas baixo a marca ‘Horta de Mondoñedo’ para establecer as próximas liñas de traballo.
O goberno local aposta por reforzar o control do uso da marca que garante a procedencia dos produtos para evitar que se produza algún mal uso que poda danar a imaxe dos produtos e produtores autorizados, que cumpren co regulamento da marca.
Igualmente, está a traballar para impulsar novas medidas de promoción para dar a coñecer a marca, impulsada polo Concello co obxectivo de dar valor ás producións e crear postos de traballo. “Queremos seguir impulsando o noso territorio como un lugar de oportunidades, aproveitando os nosos recursos e o noso potencial”. Neste caso, os produtos da horta “recoñecidos e apreciados polos consumidores, o que constitúe unha vantaxe competitiva”.
O Concello de Mondoñedo, encargado da xestión da marca, continúa a poñer en valor os produtos locais da horta seguindo estratexias de calidade, “unha característica diferenciadora dos produtos da horta do noso municipio que contan con recoñecido prestixio”.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



