Gueimunde aclara que “o goberno local minte cando di que financia con fondos propios o SAF de libre concorrencia porque é de copago, tal e como reflicte a ordenanza, e os usuarios pagan en función da renda”
Viveiro, 18 de setembro de 2023. Mariña Gueimunde asegura que “para o PP de Viveiro os servizos sociais son unha prioridade” porque “o máis importante son os nosos veciños e veciñas”. É por iso polo que considera “indignante” que o goberno local non xestione debidamente o servizo de axuda no fogar a persoas dependentes tendo en conta que “a pesar de que o Concello de Viveiro dispón de horas subvencionadas pola Xunta, non as asigna a ningún usuario”.
A voceira popular explica que “o propio goberno local recoñece por escrito, en resposta a unha pregunta formulada polo Grupo Municipal Popular no pleno do pasado 6 de setembro, que no mes de xullo dispoñía de 677 horas sen asignar habendo un total de 107 usuarios xa valorados polos servizos técnicos da Xunta e en lista de espera para recibir este servizo”. Deles, 64 son de grao I, 42 de grao II e un de grao III (ou de gran dependencia, que precisa apoio constante e indispensable).
“Non é comprensible que haxa ningunha persoa dependente xa valorada que quede sen a prestación do servizo”, segundo Gueimunde que cre que “como mínimo, o goberno local debería utilizar todas as horas subvencionadas pola Xunta”.
Atendendo á resposta que o goberno do Concello dirixe ao Grupo Municipal Popular, a popular aclara que “minte cando di que o Concello financia o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de libre concorrencia na súa totalidade con fondos propios” porque tanto este coma o SAF de dependencia son servizos con sistema de co-pagamento, tal e como se recolle na ordenanza municipal e como saben de primeira man os usuarios que pagan unha porcentaxe determinada en función do IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples).
No caso do servizo de atención a persoas en situación de dependencia, o custo da hora da prestación do servizo para o Concello de Viveiro é de 16,04 euros, dos que 12 son aportados pola Xunta de Galicia. “Os 4,04 euros restantes son sufragados polo Concello, pero tamén polos usuarios en función da súa renda”.




















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



