O PSdeG alerta que neste concello, do que é Tenente de Alcalde a Xefa Territorial da Consellería de Sanidade, os rexistros de trihalometanos foron moi superiores aos permitidos nos anos 2021 e 2022
Lugo, 23 de setembro de 2023. O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presentou no Parlamento autonómico unha batería de preguntas sobre o proceder da Xunta acerca doutros abastecementos municipais, ademais do de Foz, con problemas de trihalometanos na auga.
Neste sentido, o PSdeG afirma que nas últimas analíticas completas anuais realizadas polo Concello de Outeiro de Rei, do que é Tenente de Alcalde a Xefa Territorial da Consellería de Sanidade, os rexistros deste composto químico foron moi superiores aos permitidos nos anos 2021 e 2022. En concreto, segundo os datos do SINAC –Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo- do Ministerio de Sanidade, que é de acceso público, foron de 132 e 143 respectivamente, cando o parámetro permitido é de 100 microgramos por litro.
Preguntan os socialistas se ten constancia a Consellería de Sanidade doutros abastecementos municipais con estes problemas; nese caso, queren saber se a Xunta requiriu por escrito a eses concellos que informasen á poboación da recomendación de non inxesta da auga por eses valores altos como fixo con Foz, e concretamente, que se fixo no caso de Outeiro de Rei; tamén se a Consellería tomou entón algunha medida para garantir a saúde da veciñanza de Outeiro de Rei.
Explica o Grupo Parlamentario do PSdeG que no caso do Concello de Foz, este mantén a recomendación á cidadanía de non utilizar a auga potabilizada da traída municipal para beber ou preparar alimentos por un valor de trihalometanos –un subproduto da reacción do cloro empregado na potabilización coa materia orgánica presente na auga- en diferentes puntos da rede superior aos valores permitidos.
Destacan que o Concello de Foz actuou en todo momento “de xeito transparente e responsable, informando á poboación e implementando medidas correctoras para resolver o problema”.



















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



