Lugo, 2 de outubro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este luns nos actos con motivo da festividade dos Santos Anxos Custodios, patrón da Policía Nacional, celebrados en Monforte de Lemos, mentres que os Deputados de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, asistiron aos organizados en Lugo, e o Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, acudiu á conmemoración que acolleu Viveiro no teatro Pastor Díaz.
José Tomé agradeceu “o labor encomiable dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado por velar día a día pola seguridade e boa convivencia dos veciños e veciñas da nosa provincia”. Destacou o mandatario provincial os datos oficias “que sitúan a de Lugo como a provincia do estado con menos conflitos, o que dá boa mostra do traballo constante e eficaz da Policía Nacional”.
Nos actos de celebración do patrón, a Policía Nacional loceu os novos guións ou bandeiras financiados pola Deputación de Lugo para as tres comisarías de Lugo, Viveiro e Monforte de Lemos que ten a a provincia. Uns estandartes que levan bordados emblemas como a Muralla romana; a Torre da Homenaxe e o Castelo de San Vicente; e a Porta de Carlos V.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



