Ribadeo, 5 de outubro de 2023. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vén de iniciar o curso 2023/2024 con 372 alumnos e alumnas, dato que a converte no centro destas características con maior número de persoas matriculadas na comarca da Mariña e no occidente asturiano.
A concelleira de Educación, Begoña Sanjurjo, valorou de xeito positivo estes datos: “a EMMeD de Ribadeo comeza o presente curso con 372 alumn@s matriculad@s, o que fai deste centro o de maior número de persoas matriculadas na comarca da Mariña e no Occidente asturiano”.
A edil ribadense indicou que “este alumnado estará atendido por 13 docentes, especialistas en cada unha das disciplinas que oferta o centro. Desde o Concello de Ribadeo queremos agradecer o traballo de todo o claustro e ofrecer o apoio institucional que sexa preciso para levar a cabo o seu labor”.
Sanjurjo subliñou que “Escola e Concello camiñaremos unidos para xerar situacións ou eventos nos que amosar o traballo do alumnado e do profesorado, novos coñecementos e novas habilidades que desenvolverán enriba do escenario compartindo experiencias tamén con outros centros”.
O responsable da EMMeD de Ribadeo, Hugo García, amosou a súa satisfacción “porque o número de persoas matriculadas sexa moi elevado, o que demostra que o traballo que facemos dende a Escola percíbese como positivo por parte do alumnado que repite e tamén polo conxunto da cidadanía, o que fai que novos alumnos e alumnas se animen a formar parte do centro”. García Presno destacou que “tanto o proxecto educativo do centro, unha combinación de ensino teórico con moitas actividades prácticas, coma o plantel docente son as claves para entender o crecemento constante da Escola dende o mesmo momento da súa fundación da man de Hernán Naval”.
Para Hugo García “o máis positivo é seguir mantendo o proxecto, artellar un centro vivo no que se fomente unha educación transversal, no que as alumnas e alumnos non só aprendan conceptos teóricos senón que poidan amosalos enriba do escenario, compartir experiencias con outros centros, participar en actividades que vaian máis aló da música e da danza que axuden a integrar a igualdade, a solidariedade ou o traballo en común no día a día da EMMeD”.
O responsable da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, Hugo García, agradeceu “o apoio tanto do claustro de profesores/as da Escola como do Concello de Ribadeo. É clave o apoio institucional para poder levar adiante o proxecto da Escola e a súa actividade. E tamén é moi importante contar cun corpo de profesores e profesoras que crean no proxecto e que estean comprometidos, como é o caso”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



