A Mariña, 19 de outubro de 2023. A Mariña en Ruta seguirá os días 28 e 29 de outubro por Cervo e pola Pontenova. A viaxe ao pasado pola fraga da Becerreira en Trabada, prevista para o 21 de outubro, queda posposta para o 5 de novembro por mor dos lumes acontecidos a pasada ponte festiva.
A Mariña en Ruta é un proxecto que está promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Ata finais de novembro están programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado.
O pasado xoves, 12 de outubro, Sofía López guiou un percorrido por San Miguel de Reinante: comercio, indianos e fidalgos (Barreiros). O 14 de outubro con Boris Vilar os asistentes coñeceron de preto Riotorto, a terra dos ferreiros. E o 15 de outubro Carmen Delia Díaz (La Guiateca) e o artesán Daniel Caxigueiro achegaron aos participantes aos Segredos e Lendas de Foz.
A presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Rocío López, explica que “por mor dos incendios que sufrimos hai uns días na comarca, logo de falar co Concello de Trabada, acordamos pospoñer a ruta por este municipio prevista para este vindeiro sábado, 21 de outubro, para o 5 de novembro”.
E engade que “para a ruta que Noela Feal guiará o 28 de outubro, a través de San Cibrao e o seu mar, quedan media ducia de prazas. E xa están cubertas todas as do 29 para a ruta dos Fornos e Mina Consuelo na Pontenova, con Tirolina das Minas e o ferreiro artesán Rodil. Esta edición do programa de visitas e rutas guiadas pola Mariña Lucense, está a resultar un éxito de acollida, xa que todas as prazas ofertadas se están a completar”.
Programación de novembro
Mércores 1 – De Morás a Portocelo, os cantís esculpidos polo mar (Xove). Con Boris Vidal.
Sábado 4 – Patrimonio natural e artístico en Lourenzá. Con Carmen Delia (La Guiateca)
Domingo 5 – Mondoñedo e o seu legado. Con Ana Pena (Guía tu día)
Domingo – 5 Trabada, viaxe ao pasado pola Fraga da Becerreira. Con Boris Vidal.
Sábado 11 – Alfoz, fortaleza entre a serra e o mar. Con Ana Pena (Guía tu día)
Sábado 18 – Obradoiro de cerámica con Regal en Viveiro.
Domingo 19 – Patrimonio indiano e natural de Ourol. Con Noela Feal.
Sábado 25 – Obradoiro de coiro con Raíces Nómadas en Ribadeo.
Domingo 26 – Xeoruta do Perdouro en Burela. Con Fran Canosa.
As actividades terán unha duración de 2 a 4 horas e poderán participar un máximo de 25 persoas mais o guía en cada un. O prezo xeral será de 5 euros para individual; 8 euros para parella; e 12 euros para familias ou grupos de ata 5 membros. A información sobre a rutas e as reservas de prazas realizarase de forma automática a través da web de Turismo de A Mariña Lucense https://amarinalucense.gal/es/a-marina-en-ruta






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



