O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou no peche dos talleres que compartiron Lourenzá con Barreiros e Trabada; e Cervo con Burela e Xove
Lourenzá / Cervo (Lugo), 3 de outubro de 2023. A Xunta de Galicia clausurou hoxe dous obradoiros de emprego que se desenvolveron en seis concellos da Mariña durante os últimos doce meses. Foron financiados pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade con 1.011.000 euros.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou nos actos de peche destas actividades, nas que se formaron un total de 40 alumnos traballadores que durante todo o ano de duración tiveron acceso a un contrato laboral.
Os obradoiros que hoxe finalizan son Serra da Cadeira VII, promovido polo Concello de Lourenzá asociado cos de Barreiros e Trabada; así como Sendas de Burela, Cervo e Xove IX, impulsado por Cervo en colaboración con Burela e Xove. O primeiro impartiu a especialidade de Aproveitamentos forestais; e o segundo tres módulos centrados na construción, a xardinería e a conservación e mellora de montes.
“A vantaxe deste sistema é que os participantes aprenden as materias desde un enfoque teórico e práctico”, dixo Arias, “o que lles permite adquirir unha experiencia moi valorada polas empresas á hora de buscar traballo”. Ademais, realizan obras e servizos de interese público nos concellos nos que se desenvolven.
“A partir de agora”, apuntou, os alumnos e alumnas “están mellor preparados para atopar un emprego ou para explorar outras vías de inserción laboral como o emprendemento”. Nese sentido, subliñou que aquelas persoas que decidan montar un negocio “contan co apoio da Xunta desde o principio”. Animou aos emprendedores mariñáns a buscar a información e asesoramento que precisen na Rede de polos de emprendemento que está a poñer en marcha o Goberno galego. Na provincia hai catro oficinas en activo, unha delas na Mariña, situada no concello Mondoñedo.























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



