Barreiros, 29 de outubro de 2023. A conferencia sobre a científica e académica Aurora Sampedro Piñeiro, reuniu a máis dun cento de persoas no Canteiro, en Benquerencia, na tarde de onte. Foi nun ambiente cálido no que se respiraba ciencia e agradecemento. Os asistentes gozaron da exposición maxistral do benquerido amigo Manuel Rivero, no que el denominou o universo Aurora Sampedro Piñeiro.
A través da exposición desandou o tempo e marcou os fitos determinantes da historia de vida desta barreirense, unha avanzada do seu tempo. E a partir de onte visualizouse o futuro, a través dunha viaxe das metas conseguidas ou a punto de conseguir: filla predilecta de Barreiros; a solicitude á Real Academia Galega da Ciencia, do seu recoñecemento o próximo ano; a creación do premio Bítere de honra Aurora Sampedro Piñeiro, para recoñecer a labor de persoas e asociacións, principalmente da Mariña, no mundo das letras, das artes e da investigación; e no próximo Nadal a publicación dun libro sobre Aurora.
A ofrenda floral, que ía ter lugar no cemiterio de Benquerencia, foi realizada no Canteiro, por mor do mal tempo rexistrado onte na zona.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



