Manuel Rouco explica que como todos os grupos debemos de estar de acordo neste eido e nós non nos pechamos a ningunha posibilidade pero consideramos que encaixaría a concesión da Medalla de Ouro do Concello e a colocación dunha placa na Praza do Concello recordando o centenario da entidade e a colaboración prestada co pobo de Burela
Burela, 7 de outubro de 2023. O PP de Burela pide ao goberno local un recoñecemento público para a Confraría de Burela, aproveitando a proximidade do seu primeiro centenario e dado que nunca antes se fixo ningún tipo de homenaxe por esta entidade que tanto fixo por Burela e, nomeadamente, polo mundo do mar.
Os populares cren que o recoñecemento debe partir dunha declaración e acordo unánimes da Corporación Municipal, e en base ao Regulamento de Honores, declaración e acordo que deben ter a especifidade que o caso require. “Consideramos acaído que se convoque aos portavoces dos distintos grupos políticos da Corporación para tratar sobre este recoñecemento e que se consensúe cal vai ser a materialización de tal recoñecemento e o procedemento de concesión oficial e entrega, a todo o máis tardar nun prazo máximo de quince días dende a recepción da presente, considerando como data idónea o 18 de novembro, día do centenario da Confraría”, explicou.
Tras esta xuntanza de voceiros, no PP de Burela consideran necesaria a convocatoria dun pleno extraordinario cun único punto na orde do día – antes do 18 de novembro–, o recoñecemento público da colaboración da Confraría co pobo de Burela con motivo dos seus cen anos de vida. “Por que consideramos necesario un pleno extraordinario? Pola excepcionalidade do caso e por todo o que a Confraría fixo por Burela e os burelaos”, sinalou.
Manuel Rouco amosa boa vontade para sentarse a falar sobre este eido no que “todos debemos de estar de acordo” e explica que “non nos pechamos a ningunha posibilidade pero, dado o carácter de persoa xurídica da Confraría, encaixaría a concesión da Medalla de Ouro do Concello e, incluso, a colocación dunha placa na Praza do Concello facendo alusión aos cen anos da entidade e en recoñecemento á colaboración prestada durante tantos anos co pobo de Burela”.
A Confraría de Pescadores cumprirá o 18 de novembro cen anos de creación. Constituíuse o 18 de novembro de 1923 como Pósito de Pescadores de Burela, ao abeiro da Real Orde de 5 de xaneiro de 1918 que regulaba a creación dos pósitos de pescadores. A orde de 21 de marzo de 1943 do Ministerio de Traballo trouxo consigo o cambio de nome e mesmo unha certa transformación dos pósitos, que pasaron a ser confrarías.
Recorda o voceiro popular, Manuel Rouco, que esta Confraría “tivo unha importancia crucial no desenvolvemento de Burela”. Dende a construción da primeira rula con taboleiros de madeira, a Confraría ten estado presente en todos os ámbitos da vida Burela, sen esquecer o pulo económico que deu á vila e para a realización de obras de carácter social, como para poder adquirir os terreos nos que agora se atopan a Casa e Praza do Concello.






















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



