O titular do Mar visita aos alumnos que se forman no IES María Sarmiento de Viveiro
Viveiro, 16 de outubro de 2023. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a importancia da Formación Profesional Dual para garantir a remuda xeracional no sector pesqueiro galego así como a iniciativa da Xunta de Galicia de apostar con firmeza por xerar novas posibilidades de ocupación nunha actividade que precisa de man de obra cualificada. O titular de Mar fixo estas manifestacións durante a visita ao alumnado que cursa na aula de extensión pesqueira de Celeiro o novo ciclo de Navegación e Pesca de Litoral e que imparte o IES María Sarmiento de Viveiro. Na visita estivo acompañado pola directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
O conselleiro sinalou que a posta en marcha deste ciclo e froito da colaboración entre as Consellerías de Mar e de Cultura, Educación, FP e Universidades. Trátase de dar resposta ás demandas da Confraría de Pescadores e do Porto de Celeiro e contribuír a que a pesca continúe sendo o motor económico dunha comarca que conta con dous dos portos pesqueiros máis importantes do Cantábrico, Celeiro e Burela. Tamén recordou que a escaseza de titulados de ponte e máquinas son unha das grandes preocupacións do sector, polo que resulta fundamental achegar ás novas xeracións esta saída profesional con altísima inserción laboral e boas condicións salariais como principais atractivos.
Nesta liña, esta nova oferta formativa enmárcase no incremento da oferta pública no ámbito da formación profesional e nas políticas de consolidación da FP dual promovida desde a Consellería de Educación dentro do seu Plan Conecta FP Galicia. É unha modalidade que permite deseñar os plan de formación específicos a medida das necesidades das empresas conseguindo unha inserción laboral de case o 100%.
Alfonso Villares explicou que xa desde o inicio de curso están confirmados os postos de traballo para os trece alumnos que iniciaron este primeiro ano, o que amosa o compromiso do sector na tarefa de facer deste ciclo formativo un referente para a zona da Mariña-Ortegal, servindo para crear canteira e poder formar novas fornadas de patróns nunha das zonas craves para o sector pesqueiro que, ata a data, carecía de oferta formativa neste ámbito.
Os alumnos desta nova FP dual recibirán formación durante os próximos dous cursos nos que combinarán clases en terra, de setembro a marzo, con prácticas a bordo de buques pesqueiros ata o mes de agosto que serán contabilizados como días de mar. Estes embarques realizaranse a través da formalización de convenios con empresas armadoras interesadas.
Os que superen estes estudos quedarán habilitados para desempeñar función de patrón costeiro polivalente, local de pesca; patrón, primeiro oficial e oficial de ponte en buques mercantes, pesqueiros ou de pasaxeiros entre outros, polo que os futuros titulados poderán embarcarse en buques que faenen en lugares con gran presenza da frota galega como Irlanda, augas do Gran Sol e ata Mauritania.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



